20/04/2026
Nova programación de formación en competencias dixitais

A Concellería de Promoción Económica e Formación organiza en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, un programa de formación en competencias dixitais, do que se ampliou a oferta formativa.
Este programa está deseñado para axudar as persoas participantes a adquirir coñecementos prácticos e actuais que permitan manexarse con seguridade no entorno tecnolóxico, mellorar os coñecementos básicos das tecnoloxías dixitais e favorecer a súa autonomía no uso de ferramentas informáticas e de internet, así como coñecer os novos avances derivados da continua transformación dixital que vivimos.
As accións formativas que se van impartir son:
- Seguridade: protexe o teu mundo dixital
- Creación de contidos con Intelixencia artificial
- Ocio dixital: Apps para desfrutar
Datas: De maio a xuño
Lugar: Aula de A Solaina
Destinatarios/as: Persoas interesadas en xeral
Inscricións: No 988 360 413 ou no cet@barbadas.es
Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Barbadás.