24/01/2020
Novo servizo de Odontoloxía no centro de saúde
O CONCELLO DE BARBADÁS AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLA MELLORA DE SERVIZOS NO CENTRO DE SAÚDE COA ASIGNACIÓN DE UNHA ODONTÓGOLA E UNHA HIXIENISTA DENTAL
A atención odontolóxica queda fixada para os martes e os xoves en tanto que a hixienista dental atenderá aos/ás pacientes luns e venres
A petición deste servizo xa foi tramitada ante os Sergas o 30 de xullo de 2019
- Os/as usuarios/as do centro de saúde da Valénzá dispoñen dende hai uns días de un novo servizo de asistencia bucodental.
- Este novo servizo implicará a presenza de unha odontóloga e unha hixienista dental no centro médico.
- As citas de atención odontolóxica serán os martes e os xoves.
- As consultas de hixiene dental serán atendidas os luns e os venres.
- O Concello de Barbadás xa solicitou formalmente este servizo o 30 de xullo de 2019.
- A consulta está situada na primeira planta e permitirá a posta en marcha de actividades preventivas e vixiancia activa da saúde bucodental.
- A petición realizada dende Barbadás, a través da concelleira de Sanidade, Elisabet González Nistal, sinalaba a necesidade de contar no centro médico de Barbadás con un servizo de Odontoloxía.
- O Concello de Barbadás xa anticipou no escrito presentado hai 6 meses que con unha poboación de aproximadamente 000 habitantes facía necesaria a presenza de profesionais para a atención bucodental.
- González Nistal destacaba na petición dirixida ao Servizo Galego de Saúde que a atención en odontoloxía xa estaba prevista na apertura das novas instalacións sanitarias, en marzo de 2017.
- Ata agora os/as usuarios que tramitaban unha cita para Odontoloxía ou Hixienista dental tiñan que acudir ao centro médico da Carballeira.
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, valora positivamente a implantación do novo servizo, “tendo en conta que os/as veciños/as de Barbadás demandaban dende hai tempo un servizo imprescindible para o volume de poboación que vive no municipio”.
- Valcárcel destaca tamén a importancia que ten “deixar de depender para este servizo do centro de saúde de A Carballeira e que os/as usuarios/as dispoñan de unha maior accesibilidade e comodidade á sanidade pública”.
- Ambas profesionais contan co apoio de unha auxiliar de enfermería e desenrolarán o Programa Galego de Saúde Bucodental, para previr a incidencia da patoloxía bucal de cativos/as, dando especial importancia á prevención e educación para a saúde”.
- Ao centro de saúde están adscritos 1.400 menores de 15 anos. O servizo está especialmente dirixido a nenos/as entre 6 e 14 anos.