18/12/2024
O 23 de decembro, Papá Noel achégase a Barbadás
O día 23 de decembro, a partir das 18:00 h, nun percorrido cheo de ilusión.
A maxia do Nadal aproxímase e con ela, unha visita especial que nos emocionará: Papá Noel.
- Papá Noel achegarase a Barbadás, o día 23 de decembro, nun percorrido cheo de alegría e sorrisos, levando ilusión ao seu paso.
- Ten a túa carta lista para entregar a Papá Noel ou deposítaa nos buzóns habilitados na Avenida de Celanova 82, e comparte os teus desexos do Nadal con el!