03/06/2025
O alumnado de Barbadás coñece de cerca o traballo das forzas e corpos de Seguridade e Emerxencias

- “Esta xornada ten como obxectivo fomentar o coñecemento, respecto e confianza cara os medios de Emerxencia e Seguridade entre os nenos e nenas”, explica Elisabet González, concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade e organizadora do evento
- Na cita participaron axentes da Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local Barbadás, Bombeiros San Cibrao, Bombeiros Ourense, Protección Civil Barbadás, Protección Civil Ourense, Medio Rural, Axega 112, Patrimonio Natural e Axencia de Doazón de Sangue
O Campo dos Carrís e a Calzada Romana acolleron esta mañá a III Exhibición de medios de Seguridade e Emerxencias, unha xornada adicada a divulgar e dar a coñecer o traballo dos axentes entre as novas xeracións. Centenares de alumnos e alumnas dos CEIP Filomena Dato, O Ruxidoiro, CPR Luis Vives, Escola Infantil Municipal e Centro Ocupacional As Burgas divertíronse achegándose ao día a día dos servizos participantes.
“Esta actividade ten como obxectivo fomentar o coñecemento, respecto e confianza cara os servicios de Emerxencia e Seguridade entre os nenos e nenas, ademais de promover valores como a solidaridade ou a prevención”, explica Elisabet González, concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade e organizadora do evento. A III Exhibición contou coa participación da Guarda Civil, Policía Nacional, Policía Local de Barbadás, Bombeiros San Cibrao, Protección Civil Barbadás, Protección Civil Ourense, Medio Rural, Axega 112, Patrimonio Natural e Axencia de Doazón de Sangue. Ademais, Desguaces Sandiás colaborou coa doazón dun vehículo e DJ Tibu encargouse de explicar o traballo dos diversos servizos.
A Garda Civil acudiu con diversas unidades: Seguridade Cidadá, Seprona, Tráfico, Geas, Equipo de Montaña, Equipo Tebyl, Tedax, Equipo Cinolóxico e incluso, un helicóptero. O Capitán Pulido, da compañía da Garda Civil en Ourense, deu conta da importancia de achegarse ao alumnado: “É un día pensado para que nos coñezan e vexan o traballo que realizamos, pódense montar nos coches, nas motos, os compañeiros explícanlle os medios que temos… O que máis triunfa é o helicóptero e a zodiac do Geas, porque nunca teñen oportunidade de velos tan cerca”. A participación da Garda Civil enmárcase dentro do seu Plan Director Para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e Contornas.
Exhibición dos cans e do robot da Guardia Civil e excarcelación
A xornada comezou no Campo dos Carrís, onde o alumnado desfrutou da demostración dos cans antidroga da Guarda Civil. A continuación, o equipo Tedax (que participa por primeira vez nesta exhibición) realizou unha operación de desactivación de explosivos co seu robot. Para finalizar, os Bombeiros de San Cibrao, en colaboración con Protección Civil e Axega, realizaron unha excarcelación dun home atrapado nun coche. O vehículo foi doado por Desguaces Sandiás.
Despois das exhibicións, o alumnado achegouse á Calzada Romana para achegarse aos vehículos e postos dos diversos servizos participantes, onde os propios axentes lles explicaron o seu traballo.