23/05/2025

O alumnado do Obradoiro de Emprego adecenta o lavadoiro das Lameiras

Limpeza
  • Trátase dun espazo senlleiro de Sobrado do Bispo que precisaba dunha limpeza en profundidade

O alumnado do Obradoiro de Emprego realiza estes días tarefas de limpeza no lavadoiro das Lameiras, un espazo senlleiro da localidade de Sobrado do Bispo. A actuación consiste no vaciado do vaso, eliminación da vexetación, limpeza das pedras e mellora dos accesos. 

A intervención permitirá que a veciñanza poida desfrutar de novo deste espazo, sobre todo coa chegada das altas temperaturas do verán. 

O Obradoiro de Emprego tamén está levando a cabo a rehabilitación do lavadoiro de Costa Mollada. O obxectivo é convertelo nun lugar de lecer que ten a auga como elemento principal para potenciar a súa estética. 

Novas, Urbanismo

CONTENT.1770947476

SINGLE.1770947476