18/12/2024
O Apalpador deixa as montañas para visitar Barbadás
O APALPADOR DESPRAZARASE A BARBADÁS, UNHA DAS PARADAS NA SÚA RUTA POR GALICIA
- O Apalpador estará o vindeiro 27 de decembro en Barbadás para que os/as nenos e nenas poidan transmitirlle as súas peticións e poidan coñecelo.
- Recibirémolo no poboado de Nadal, a carón da glorieta da Familia ás 18,00 h. e despois continuará o seu percorrido pola Avenida de Celanova, acompañado de música tradicional.