08/10/2022

O artista das Lamas, Santiago Bonay, segue indagando nas tradicións co libro “O Barallete” arredor dos afiadores

Emprendemento en Barbadás

Santiago Bonay é das Lamas  e dende alí emprendeu hai anos varias “aventuras” artísticas arredor de elementos tradicionais, como o evento de “arte efémero”: instalaba polas mañás obras nas rúas da Valenzá e  recollíaas pola noite.
“Aqueles traballos eran obras sobre pezas de fiestras vellas, trabes de casas e outros elementos de uso habitual para os nosos avós e devanceiros, e eu re-utilizábaos de xeito artístico e, co resultado, fixen esa `performance´ diaria, hai case dez anos”, relata.

  • Nunha conversa con el, sae información abundante e variada da cultura, patrimonio e historia das aldeas de Barbadás, e datos do seu propio traballo que agora é o de técnico de Turismo do concello de Nogueira de Ramuín.

 

  • O seu interese e curiosidade polo espazo no que vivimos centra toda a conversa, o mesmo interese que o levou a protagonizar un vídeo  que se fixo “viral” cando levabamos dous meses de confinamento pola pandemia.
Santiago Bonay, nas Lamas, ca súa publicación "Percorrendo Barbadás" en boceto manual, e ca camiseta que el mesmo desenou co nome da aldea. 05/09/22 Foto Rosa Veiga
Santiago Bonay, nas Lamas, coa súa publicación “Percorrendo Barbadás” en boceto manual, e coa camiseta que el mesmo deseñou co nome da aldea. 05/09/22 Foto Rosa Veiga

Todo ”O Barallete” dos afiadores coñecido

  • Pouco despois dese cantar persoal a Galicia, Santiago  repetiu como divulgador desenfadado e agora poético nun vídeo centrado na Ribeira Sacra, publicado pola asociación “Trinta Portelos” no mes de xuño, e no mesmo verán aínda creou un vídeo máis, o adicado aos atractivos de Nogueira de Ramuín.

 

  • Esa mesma comarca, a Ribeira Sacra, foi escenario,  do libro “O Barallete”  editado polo concello no que traballa en 2018, coas palabras desa lingua dos oficios ambulantes publicadas antes por outros autores ás que engadiu un lote delas recuperado por el mesmo. Tamén inclúe unha portada e ilustracións interiores do debuxante David Rodrígues Lorenzo .

 

  • O uso do barallete  está documentado entre os viveleiros (compradores de ouro e prata), barquilleiros, afiadores, paraugueiros…

 

  • O artista das Lamas coñecía o “barallete dos xingros” (o barallete dos músicos), por algúns familiares seus que son músicos “ e que seguen a traballar, polo que manteñen algo desa fala”. O caso dos afiadores é diferente, e Santiago recolleu algo máis de 1600 palabras simples, compostas, narracións e poemas usados  polos ambulantes entre os séculos XIX e XX,  hoxe en desuso. “Pódese utilizar como unha guía” e coas traducións ao castelán, ao éuscaro e catalán, linguas das que se collían algúns sufixos ou partes, como no caso de “louren de gaurra” que se traduce do barallete ao galego como “sol da noite” e inclúe a palabra “gau” que é noite en éuscaro, segundo detalla Santiago.
Santiago Bonay, nas Lamas, ca súa publicación "Percorrendo Barbadás" en boceto manual, e ca camiseta que el mesmo desenou co nome da aldea. 05/09/22 Foto Rosa Veiga
Santiago Bonay, nas Lamas, coa camiseta que el mesmo deseñou co nome da aldea, sentado diante da Casa dos Leis. 05/09/22 Foto Rosa Veiga
  • Pareceume que se precisaba un libro para o gran público, que recollese tódolos vocábulos que estaban espallados en varias publicación e falando con Dositeo Pato, viveleiro e retratista en Loña do Monte, e con xente maior, fun descubrindo as primeiras, e atopei até 30 máis que non estaban noutros libros”, engade.

 

  • Na obra de Santiago están palabras e expresión recollidas polo filólogo Jorge Rodríguez Gómez na súa tese doutoral “Falas Secretas”; por Alfonso Rodríguez Castelao en Estados Unidos e Bos Aires nun libro que nunca se publicou; polo antropólogo Xosé Ramón Fernández Ouxea “Ben-Cho-Sey” en Santa Marta de Moreiras e, polo estudoso Antón Fidalgo Santamariña sobre os afiadores de toda Europa.

 

  • Tamén están as palabras que o escritor de Nogueira de Ramuín, Xosé Fernández Ferreiro, recolleu na súa novela “A saga dun afiador”.

 

  • A publicación do libro contou tamén co apoio das `performances´ do propio Santiago, que escenificou, en varios colexios, a vida e a lingua asociados a estes oficios, hoxe perdidos ou case.
Santiago Bonay, nas Lamas 05/09/22 Foto Rosa Veiga

“Percorrendo Barbadás” en bosquexo

  • No seu percorrido vital sempre ligado á memoria, patrimonio e historia, Santiago foi quen de facer no 1996, cando vivía nas Lamas, o bosquexo montado sobre cartón, do que quería ser publicación chamada “Percorrendo Barbadás” . El fixo as fotos, os textos e a “maquetación” a man, dunha publicación periódica.

 

  • O exemplar que chegou case a completar nese bosquexo “caseiro” contén datos básicos de cada unha das aldeas e, a maiores, información de interese arredor das casas brasonadas como a dos Leis, nas Lamas. Tamén adicou artigos aos camiños e sendas, as festas e tradicións como o magosto, os maios e o entroido.

 

  • A súa historia favorita, entre as que indagou, é a do “capitán Punxín”, arredor do persoeiro “Tomé Rodríguez Punxin”,  histórico e vencellado coa Valenzá vella e coa parroquia de San Bernabé onde hai unha capela construída polo seu mandato e doazón económica.
    “O escudo familiar de este persoeiro é hoxe o escudo do concello de Barbadás e quixen saber todo o que podía del, así que acabei por contactar coa estudante de Historia en Ourense, María del Carmen Encinas Diéguez, autora dun traballo de licenciatura que non chegou a rematar nin publicar”, segundo lembra Santiago e confirmou o profesor Ladislao Castro, que titorizou a Carmen naquel momento.

 

  • Santiago conserva o traballo que lle cedeu Carmen para que o utilizase na súa revista (que non pasou de proxecto), e recolleu algún dos datos no seu boceto.

 

  • E co permiso seu e a autorización do profesor que a titorizou, adicaremos algunha publicación a ese traballo e ó capital Punxín e os bocetos que Santiago fixo baixo o título “Percorrendo Barbadás”.Santiago Bonay, nas Lamas, ca súa publicación "Percorrendo Barbadás" en boceto manual, e ca camiseta que el mesmo desenou co nome da aldea. 05/09/22 Foto Rosa Veiga

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1733597207

SINGLE.1733597207