03/04/2025

O AUTO DO CASTROMIL – Obra teatral

Venres, 11 de Abril, ás 20:30h. na Casa da Cultura Manuel María

O auto do Castromil.jpg
O próximo venres día 11 de Abril, ás 20:30h. actuación de Producións Teatrais Excéntricas que nos representar a obra O AUTO DO CASTROMIL, como sempre na Sala Manuel María de Barbadás.
Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza.
O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez.
Sinopse:
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco.
Evento:   Teatro
Día:         Venres 11 Abril
Hora:       20:30h.
Lugar:     Sala Manuel María | Barbadás
Público:   Recomendado para maiores de 13 anos en adiante.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 7 de Abril.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1747876833

SINGLE.1747876833