10/04/2020
O Banco de Alimentos de Barbadás reabre para entregar produtos non perecedeiros e un bono para mercar produtos frescos
O BANCO DE ALIMENTOS REABRE PARA ENTREGAR PRODUTOS ÁS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE
O Concello de Barbadás entrega tamén ante as dificultades provocadas pola emerxencia sanitaria un bono para a compra de produtos frescos
- O Banco de Alimentos reabre para prestar servizo ás persoas en situación de vulnerabilidade.
- O horario de entrega de alimentos é de 11,00 a 13,00 horas, de luns a venres, para que as persoas que se atopan en condicións desfavorable acudan a recoller os lotes de produtos non perecedeiros.
- A estas persoas que acuden ao Banco de Alimentos asígnaselles dende o Departamento de Servizos Sociais unha cita previa.
- A agrupación de voluntarios/as de Protección Civil xa estaba repartindo alimentos ás persoas usuarias dende o comezo da crise sanitaria.
- Cada persoa usuaria é atendida durante 10 minutos, gardando en todo momento as normas de seguridade e con un operativo de Protección Civil no lugar para supervisar o acceso.
- Dende a Área de Servizos Sociais tamén se atenderá nos vindeiros días a aquelas persoas que, a pesar de non ser usuarios/as do Banco de Alimentos, poidan estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia da crise sanitaria ante o COVID-19.
- Cada día atendese unha media de 13 persoas.
- A entrega de alimentos forman parte de un remanente que existía e a partir do luns 13 de abril entregaranse produtos sufragados directamente polo Concello de Barbadás.
- A reapertura do Banco de Alimentos pretende prestar un servizo de apoio ás familias que o precisan nestes complexos momentos, unhas tarefas realizadas en coordinación da concelleira Elisabet González e a traballadora social que coordina o apoio ás familias vulnerables.
- O Concello de Barbadás quere expresar o agradecemento polas doazóns que están realizando diferentes persoas ao Banco de Alimentos e lembra que existe a posibilidade de aportar doazóns para esta causa solidaria.
- Unha rede de voluntariado colabora nesta entrega de alimentos, baixo estritas medidas de seguridade.