18/04/2020

O Banco Solidario de Barbadás recolle aportacións de alimentos que a veciñanza desexe aportar

O BANCO SOLIDARIO DE BARBADÁS RECOLLE AS APORTACIÓNS DE ALIMENTOS QUE A VECIÑANZA DESEXE APORTAR

PARA REALIZAR DOAZÓNS AO BANCO SOLIDARIO PODE VOSTEDE CHAMAR AO TELÉFONO 638746501

  • O Banco Solidario de Barbadás está en disposición de recoller as aportacións de alimentos que a veciñanza desexe aportar.

 

  • Durante os últimos días xa se recibiron diversas doazóns anónimas, un xesto altruista importante en un momento no que moitas familias están atravesando dificultades sociais e económicas.

 

  • O Banco Solidario está sendo xestionado dende a área de Servizos Sociais, que se encarga de coordinar as citas para a recepción de alimentos.

 

  • Un grupo de voluntarios/as incorporaronse como reforzo nos últimos días para atender ás persoas que acuden ao Banco Solidario, unha entrega que garante todas as medidas de seguridade e supervisado por responsables municipais.

 

  • O día 8 de abril retomouse a actividade do Banco Solidario de forma presencial para intensificar a labor de axuda ás familias vulnerables ante a situación de pandemia provocada polo COVID-19. En ningún momento se deixou de repartir alimentos e de seguir xestionando as necesidades por diferentes canles de comunicación (telefónica, email) por parte da traballadora social, Protección Civil e concelleira responsable.

 

  • Os días 5 e 6 de marzo dende o Concello de Barbadás realizouse un reparto de alimentos entre máis de 100 familias en situación de vulnerabilidade.

 

  • Dende o inicio do estado de alarma a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil efectuáronse repartos domiciliarios entre os resto de familias que quedaban pendentes do primeiro reparto, ata un total de 140 familias.

 

  • Durante as semanas seguintes á declaración do estado de alarma levouse a cabo, polo tanto, reparto de alimentos non perecedeiros entre as familias definidas por Servizos Sociais como en situación de exclusión social.

 

  • A reapertura do Banco Solidario de Barbadás o 8 de marzo significou a continuidade do reparto e apoio ás familias que máis o necesitan. A área de Servizos Sociais seguiu xestionando a incorporación de novas familias beneficiarias deste servizo de apoio aos/ás máis vulnerables.

 

  • A pesar do peche temporal do Banco Solidario, beneficiarios/as que non estaban nese reparto recibiron alimentos previa comprobación da súa necesidade por parte da traballadora social da UTES 02 de A Valenzá (área de Servizos Sociais).
  • Dende o Concello de Barbadás xa se formalizou a adquisición de novos lotes de alimentos para o reparto. A edil de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, comenta que o Banco de Alimentos de Ourense de Cruz Vermella surte a Barbadás de alimentos non perecedeiros varias veces ao ano.

 

  • Con motivo da pandemia o Concello de Barbadás decidiu reforzar a atención ás familias sufragando con un bono de 25 euros a compra de alimentos frescos que se lle entregan ás persoas que acuden ao Banco Solidario.

 

  • O Concello de Barbadás quere transmitir os agradecementos ás persoas que de forma anónima fan chegar ao Banco Solidario alimentos e produtos variados para entregalos ás familias vulnerables.

 

  • Asi mesmo, dende o Concello trasládase o agradecemento ás empresas que donaron solidariamente alimentos, como é o caso de Coren (3.500 hamburguesas) ou Legufrut Agro (150 quilos de laranxas). Nos vindeiros días chegarán novas doazóns procedentes de outras empresas, un acto solidario do que será informada a veciñanza.

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1730567415

SINGLE.1730567415