16/04/2022
O bar de Bentraces renaceu con Ilda Peralta catro meses antes da pandemia, e colabora ca feira dos días 23 e 24 de abril
Emprendemento en Barbadás

- A historia dun bar de aldea pode parecer intranscendente, pero no caso de Bentraces trátase dunha das dúas ou tres actividades económicas da contorna inmediata. Na aldea máis redonda de Barbadás, hai un pazo adicado a eventos sociais e empresariais, un artesán en proceso de cambio de local e o bar que está na estrada de Celanova (Nacional 540 esquina rúa do Canastro).
- Ilda Peralta Duarte reabriu o bar Bentraces en novembro de 2019.
Ilda é de Paraguay, estableceuse en Ourense hai case dúas décadas e traballou sempre no sector hostaleiro, a maior parte do tempo nos dous restaurantes da familia do “Coto do Rano” ata que decidiu ser a súa propia xefa.
- “Me puse a buscar local por todo Ourense hasta que un amigo que vive en Bentraces me habló de este que estaba vacío. El sitio me gustó y aquí nos establecimos ese año”, explica.
- Ilda abriu e poucos meses despois tivo que pechar, a causa da pandemia. “Empezó a ir muy bien con personas que pasan por aquí, los trabajadores del pazo de Bentraces cuando tienen eventos, y l@s vecin@ que toman café a diario”, detalla.
- Dende que chegou, sabe que pode contar “con todos los vecinos y vecinas, igual que en el pueblo saben que pueden contar conmigo”. Agora, tras o parón da pandemia, comezará a retomar plans en canto poida, como o de ter un posto de pulpeira diante do bar… e outros que aínda non conta.

- “La gente se va animando poco a poco, va cogiendo confianza para salir y si todo va bien, iremos mejorando la atención”, concreta. Neste momento, a súa oferta é de petiscos caseiros con cada consumición de bebida. Prepara cada día pratos diferentes, como chouriciños ao viño, callos, tortilla de pataca, revoltos, queixo e embutidos variados.
- Ten selado de lotería e moito traballo diario que espera siga en aumento, para o que xa conta cunha traballadora polas tardes.
- A familia de Ilda medrou dende que chegou a Bentraces, igual que os seus plans de futuro na aldea que escolleu para vivir. O máis inmediato é a colaboración na feira prevista para os días 23 e 24 anunciada polos organizadores nas portas da aldea.
- A asociación “O Fonfón” de Bentraces anima a participar na feira para fomentar o consumo sustentable e coa venda e troco dos obxectos non aproveitados na casa. Ilda atenderá eses días o bar, por vacacións da traballadora, pero colaborará no aprovisionamento de bebidas e petiscos.
- Moita sorte Ilda!!
