15/04/2025

O Barbadás Gaming arranca a súa cuarta edición con videoxogos, equipos de simulación e gafas de realidade virtual

Barbadás Gaming
  • A Casa da Mocidade acolle hoxe e mañá a cita, que congrega a rapazada de todo o municipio

A Casa da Mocidade do Concello de Barbadás acolle hoxe e mañá o IV Barbadás Gaming, un evento que cada ano gaña máis adeptos entre a rapazada do municipio. A cita, dirixida a maiores de 12 anos, conta cunha ampla oferta de xogos: desde consolas PS5 ata gafas de realidade virtual ou equipos de simulación de condución. 

Para aqueles participantes que prefiran os xogos tradicionais aos virtuais, o evento conta tamén cunha variada selección de pasatempos como o Monopoly, o Tabú, o Trivial ou o Cluedo. 

O horario do Barbadás Gaming é de 11,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas. 

Mocidade, Novas

CONTENT.1747871244

SINGLE.1747871244