07/09/2019
O campo de fútbol dos Carrís estrena nova cuberta sintética de céspede

BARBADÁS INICIA A TEMPADA DE CAMPIONATOS CO CAMPO DE FÚTBOL DOS CARRÍS CON NOVO CÉSPEDE SINTÉTICO
As escolas deportivas de fútbol 11 comezan a tempada en todas as categorías estrenando o novo campo de fútbol con herba sintética
A nova cuberta sintética é de calidade alta e a área de xogo contará, por motivos de seguridade, con un sistema de rego subterráneo
- Comezan tamén as ligas de ámbito provincial e O Xuvenil A representa á UD Barbadás da liga galega.
- Os días 7 e 8 de setembro o campo dos Carrís estrenan cuberta de céspede sintético coa programación dos primeiros partidos da tempada.
- Ás 18,00 horas disputarase o partido entre Xuvenil A da Escola Deportiva de Barbadás e o equipo de Santa Mariña.
- Hoxe sábado pola mañá xa xogaron os equipos de infantil A e B contra o Celanova e o Verín respectivamente.
- Mañá domingo ás 12 do mediodía enfrontaranse no campo de xogo os equipos de cadete do Barbadás A e Bosco B.
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinala que “para o goberno de Barbadás é fundamental que esta obra estivera finalizada nos prazos previstos para iniciar a tempada con total normalidade”.
- Para Valcárcel “o obxectivo segue a ser potenciar o deporte en todos os seus ámbitos e o novo céspede artificial é unha mellora máis nas dotacións e infraestruturas no concello de Barbadás, para mellorar a práctica do deporte nas escolas deportivas e no ámbito dos equipos profesionais”.
- O concelleiro de Deportes, Abel Cortés, destaca a importancia de que as obras de substitución do céspede artificial estiveran finalizadas coincidindo co inicio do campionato.
- Cortés destaca ademais a alta calidade do céspede novo e a efectividade que terá a nivel de seguridade a dotación na área de xogo de un sistema de rego subterráneo.
- Este proxecto é financiado conxuntamente pola Deputación e o Concello de Barbadás. O alcalde socialista de Barbadás indica que “dende o Concello queremos seguir apostando e dando continuidade á colaboración entre ambas as dúas institucións noutros proxectos de cara ao futuro”.
- Valcárcel tamén recoñeceu “a boa xestión que realizou en relación con este proxecto o anterior edil de Deportes, Adrian Varela“.
- Galitec Desarrollos Tecnolóxicos foi a empresa adxudicataria deste proxecto por un importe de 235.842,98 euros máis IVE.
- O custo da execución das obras é financiado polo Concello de Barbadás con unha aportación de 100.000 euros, en tanto que o resto é aportado pola Deputación.