24/03/2026

Oferta dun “niño empresarial” para persoas emprendedoras no Centro Empresarial Transfronteirzo de Barbadás

Se tes  unha idea de negocio ou estás empezando a emprender, esta é a túa oportunidade para dar o seguinte paso nun lugar pensado para facer crecer o teu proxecto. Nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás está dispoñible un niño empresarial.

Este espazo está pensado para facilitar o inicio da actividade económica, ofrecendo instalacións adecuadas e un entorno profesional que favorece o crecemento das novas empresas.

Cederase inicialmente por 12 meses con posibilidade de prórroga ata 36 meses. A persoa beneficiaria terá que abonar un custo simbólico ao mes, no que se inclúe mobiliario, equipos informáticos, conexión a Internet, luz, calefacción e servizo de limpeza. Tamén terá asesoramento e apoio do persoal técnico do CET.

Máis información no cet@barbadas.es ou no 988 360 413

Novas, Promoción económica

CONTENT.1776282852

SINGLE.1776282852