21/12/2022
O Centro penitenciario de Pereiro colabora co Banco Solidario de Barbadás
O CENTRO PENITENCIARIO DE PEREIRO DE AGUIAR COLABORA CO BANCO SOLIDARIO DE ALIMENTOS DE BARBADÁS
O luns 19 de decembro, o director do Centro Penal de Pereiro de Aguiar, Francisco González, procedeu á entrega de 84 kg de alimentos, ao banco solidario de alimentos de Barbadás, os cales foron doados polos traballadores do Centro, na campaña de recollida de alimentos que organizou o Centro Penal durante os 15 primeiros días do mes de decembro.
Por parte do Concello de Barbadás, acudiu á recepción de alimentos, a Concelleira de Servizos Sociais, María Elisabet González, que agradeceu as achegas realizadas polos funcionarios do Centro Penal, no que é o segundo ano de colaboración, e que espera que se siga producindo en anos vindeiros.
Segundo informou a Concelleira, todos estes alimentos serán repartidos ao longo da presente semana, a aquelas familias ás que axuda o banco solidario de Barbadás, que nestas datas, realizou unha campaña de recollida extraordinaria por distintas institucións, entre as que destaca pola súa implicación, o Centro Penal de Pereiro de Aguiar.