03/02/2024

O Concello acometerá a reparación do firme na rúa Estrada de Piñor da Finca Fierro, moi deteriorado debido á carga de tráfico

O Concello de Barbadás conta cun proxecto co que porá fin ás deficiencias existentes no firme da rúa Estrada de Piñor. A vía, emprazada en Finca Fierro, presenta un estado de grave deterioro debido á carga de tráfico rodado que rexistra. Coa execución das obras, evitarase que novos danos poidan deteriorar por completo a calzada.

A actuación conta cun orzamento de 22.000 euros e un prazo de execución dun mes. Coa elaboración deste proxecto, o Concello de Barbadás segue no seu empeño  de dotar a todos os núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas ao fin de lograr unha mellora na calidade de vida dos seus veciños e veciñas e das condicións medioambientais do seu entorno.

Tal e como se detalla no proxecto, as obras consistirán no reforzo do firme na vía, que presenta deformacións e fisuras que dificultan o tráfico de vehículos. Os traballos consisten na mellora e mantemento da vía, levándose a cabo a rexeneración do pavimento coa limpeza total da calzada.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que unha das prioridades do goberno local para os próximos catro anos será o arranxo das vías públicas, no entorno da Finca Fierro e O Fonsillón, ademais de nas distintas parroquias do rural.

A concelleira de Vías e Obras, Victoria Morenza, explicou que se levarán a cabo traballos de rexeneración do firme en diferentes núcleos como Bentraces, Barbadás, Loiro e en varios puntos das Lamas. “Recentemente reformouse a zona infantil do Parque dos Patos e seguiranse realizando obras para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas”, engadiu Morenza.

Manterase a circulación durante as obras

Durante as semanas que se leven a cabo as obras porase manter en todo momento a circulación, con paso alternativo de vehículos durante os traballos puntuais de execución da capa de rodadura. Sinalizarase convenientemente a existencia das obras, advertindo aos condutores de que deben adecuar a súa velocidade

Novas

CONTENT.1733804748

SINGLE.1733804748