02/09/2024

O Concello adxudica as obras para reformar o paseo do parque da Liberdade e reparar os danos causados polas raíces das árbores

Eliminar as barreiras existentes no paseo do parque da Liberdade para que todos os veciños e veciñas poidan desfrutar deste espazo é o obxectivo que levou ao Concello de Barbadás a elaborar un proxecto para acometer a súa reparación. As obras foron adxudicadas á empresa Construcciones Viso e o prazo de execución será de tres meses. Mellorarase así a accesibilidade desta zona de lecer tan frecuentada polas familias e emprazada ao carón da avenida de Celanova.

Os traballos consistirán na reforma do paseo do parque, cun firme moi deteriorado polas grandes gretas que provocan as raíces das árbores. Máis en concreto, as obras que se pretende realizar son a demolición do formigón existente deteriorado, dos sumidoiros  e a retirada parcial das raíces das árbores, o formigonado do paseo e a colocación de novos sumidoiros e levantado de arquetas a cota do formigón.

Outra das deficiencias que se solucionará con esta actuación é o cambio a formigón ao comezo do paseo, ademais de arranxarse tamén os tramos levantados con lastras rotas. Deste xeito, favorecerase a accesibilidade, eliminando os desniveis e favorecendo o paso de cadeiras e de carros de bebés.

O Concello de Barbadás está a levar a cabo actuacións en diferentes parques, tanto da Valenzá como nos diferentes núcleos, para ofrecer aos veciños e veciñas espazos de ocio de calidade. As obras do Parque da Liberdade permitirán unha mellora considerable na accesibilidade debido a que existen moitas barreiras que agora serán eliminadas.

 

 

 

Novas

12/10/2024

As obras de mellora do firme nas Rúa Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato chegan ó seu tramo final

12/10/2024

Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Culturais do Concello de Barbadás

2024-Banner-Subvención asociacións culturais - concello de Barbadás

Prazo de presentación, 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

11/10/2024

Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Veciñais do Concello de Barbadás

2024-Convocatoria de Subvención asociacións veciñais - 2024 - concello de Barbadás

Presentación de solicitudes: 20 días naturais, a contar desde o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

CONTENT.1728861514

SINGLE.1728861514