23/10/2020
O Concello de Barbadás abre o prazo de inscrición para as clases de reforzo de inglés en E.S.O
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A AULA DE REFORZA DE INGLÉS PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA
O prazo para formalizar a pre-inscrición será entre o 22 ao 28 de outubro. O día 29 de outubro publicaranse as listas provisionais na páxina web do Concello: www.barbadas.es.
O importe da matrícula será de 20 euros por alumno/a e por curso
As clases comezarán o luns 9 de novembro e rematarán o mércores 2 de xuó de 2021
- A Aula de Reforzo de Inglés para Educación Secundaria Obrigatoria é unha medida educativa dirixida a axudar ao alumnado nas súas dificultades escolares ordinarias na materia de lingua inglesa, recoñecendo e reforzando a singularidade de cada alumno/a.
- Os/as destinatarios/as son os/as alumnos/as matriculados no presente curso escolar en E.S.O que se atopen empadroados no Concello de Barbadás, agás causas excepcionais debidamente xustificadas.
- Será preciso un número mínimo de 8 alumnos/as por clase para que se desenvolva a actividade, en tanto que o número máximo será de 10 persoas por clase.
- A orde de selección será por rigorosa orde entrega da solicitude, agás as solicitudes que veñan acompañadas de informe do servizo de orientación do centro docente ou informe social, que terán preferencia.
- O prazo para formalizar a pre-inscrición será entre o 22 ao 28 de outubro. O día 29 de outubro publicaranse as listas provisionais na páxina web do Concello: www.barbadas.es.
- O alumnado seleccionado disporá dende o 29 de outubro ao 4 de novembro para facer efectivo o pago do importe mediante o envío do xustificante de ingreso ao e-mail educación@barbadas.es.
- A presentación de solicitudes pode facerse de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello: https://barbadas.sedeelectronica.gal.
- Tamén pode realizarse de forma presencial no rexistro con cita previa (Casa do Concello- 988 36 00 00, nas Oficinas da Valenzá a través do buzón de citas da sede electrónica).
- O importe da matrícula será de 20 euros por alumno/a e por curso.
- As clases comezarán o luns 9 de novembro e rematarán o mércores 2 de xuño de 2021.
- Horario: luns- entre as 19,00 e as 20,00 horas. Mércores: 17,45-18,45 horas.
- O alumnado deberá acudir a clase con mascarilla. Con motivo da situación actual vincualda á propagación da Covid-19, para acceder á aula de reforzó escolar, de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias será necesario asinar unha declaración responsable, que se entregará na primeira clase á que acuda, e cumrpri as instucción que na mesma se indican.