02/05/2020
O Concello de Barbadás abre os paseos e pecha ao tráfico a rúa Calzada Romana

O CONCELLO DE BARBADÁS HABILITA UNHA RÚA PARA OS PASEOS E PRÁCTICA DE DEPORTE E PECHA O VIAL AO TRÁFICO (RÚA CALZADA ROMANA)
Os paseos do río serán abertos novamente e terán un sentido circular
- O Concello de Barbadás habilitará a partir do 2 de maio unha rúa para os paseos e a práctica de deporte non profesional.
- Este vial que pasará a ser de uso exclusivo de transeúntes e persoas que acudan a pasear e/ou correr.
- Trátase da rúa Calzada Romana no tramo entre o campo de fútbol e o cruce do parque dos Patos.
- Así mesmo, os paseos do río volverán a abrirse para o uso peonil, excepto o espazo verde que bordea a cafetería e o parque infantil do Parque dos Patos.
- Os paseos do río por ambas marxes quedarán abertos coa peculiaridade de que terá un sentido circular.
- Dende a Ponte do parque dos Patos en dirección Ourense pola marxe dereita a circulación peonil será de un único sentido.
- Dende o límite con Ourense (túneles do Lidl) hacia a entrada do parque dos Patos na súa marxe dereita dirección a Barbadás terá tamén único sentido.
- Deste xeito (tal como aparece nos planos adxuntos) a circulación de corredores/as, transeúntes e persoas que paseen terá un sentido circular.
- Estas medidas son adoptadas polo Concello de Barbadás, co asesoramento técnico de Policía Local e Protección Civil, para mellorar a seguridade das saídas da poboación na fase de desescalada tralo confinamento como consecuencia do COVID-19.
- Nas zonas afectadas colocarase cartelería na que se especifica que por motivos de seguridade e mentres dure o estado de alarma deberase utilizar os pasesos do río dos Muíños ou Barbañica en sentido circular e nunha única dirección.