25/08/2026

O Concello de Barbadás adía o concerto de Mercedes Peón para o 3 de setembro debido á previsión de choiva

  • O goberno local muda a data para garantir a calidade óptima do espectáculo para o público, así como para os equipos técnicos e artísticos

O Concello de Barbadás vén de adiar o concerto de Mercedes Peón deste xoves para o día 3 de setembro debido á previsión de abundante choiva. A cita, enmarcada na programación do Verán Cultural de Barbadás, celebrarase o xoves da próxima semana na hora e lugar habitual (ás 21,00 horas no Parque dos Patos da Valenzá). O goberno local toma esta decisión para garantir a calidade óptima do espectáculo para o público e tamén para os equipos técnicos e artísticos. 

Mercedes Peón, unha das artistas galegas máis importantes do panorama musical nacional e internacional, presenta en Barbadás a súa última proposta discográfica, “Deixaas”. O álbum é un traballo de laboratorio sonoro, unha experiencia que mestura pandeireta, sintetizadores, piano, voz, saxo e sons reais da construción do naval, ademais da voz cruda do cante popular galego. Peón acompáñase no escenario de Ana Fernández e Mónica de Nut para ofrecer un espectáculo sobrecolledor e accesible para o público, no que os elementos conflúen de xeito maxistral con linguaxes sonoras e estéticas inconfundibles. 

Novas

CONTENT.1789256855

SINGLE.1789256855