18/09/2026

O Concello de Barbadás aposta pola arte como ferramenta empoderadora das mulleres e propón un mural colaborativo

  • A actividade, enmarcada no Programa Luz Pozo Garza, levarase a cabo no Parque dos Patos o mércores 23 de setembro

O Concello de Barbadás convida ás veciñas de todas as idades a participar o próximo día 23 nun mural colaborativo no Parque dos Patos, unha iniciativa enmarcada no Programa Luz Pozo Garza. “Trátase dun espazo para crear libremente, compartir e deixar pegada, ao mesmo tempo que celebrar a diversidade e forza das mulleres”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. 

A actividade levarase a cabo a partir das 10,30 horas e está dirixida a todas as mulleres, teñan coñecemento sobre pintura e muralismo ou non. Nesa liña, desde o goberno local animan a todas as veciñas a participar e desfrutar en comunidade da súa creatividade. 

O Programa Luz Pozo Garza continúa o mesmo mércores, ás 19,00 horas, cunha charla sobre estratexia dixital e o uso de intelixencia artificial para a búsqueda de emprego. Neste caso, levarase a cabo no local da Asociación Veciñal das Lamas. 

Ao día seguinte, xoves 24 de setembro, o programa prosegue cun encontro no Fonval ás 17,00 horas. As participantes abordarán as oportunidades da idade das mulleres. 

O martes 29 de setembro, as veciñas de Loiro están convidadas a participar na charla “Os cartos tamén son cousa nosa: economía e finanzas para as mulleres”. A cita será ás 18,00 horas no local da Asociación Veciñal San Martín de Loiro.

O Programa Luz Pozo Garza está financiado polo Fondo Social Europeo e a Xunta e está dirixido a mulleres de todas as idades en situación de especial vulnerabilidade.

Novas

CONTENT.1792008969

SINGLE.1792008969