18/04/2020
O Concello de Barbadás axiliza pago de facturas a proveedores e empresas

O CONCELLO DE BARBADÁS AXILIZA O PAGO DE FACTURAS A PROVEEDORES E EMPRESAS PARA DAR LIQUIDEZ CO ÁNIMO DE APOIAR AO COMERCIO LOCAL E AO EMPRESARIO
- O Concello de Barbadás, “no ánimo de seguir apoiando ao comercio local e aos proveedores e empresas que prestan servizos para a administración local, procedeu ao pago de unha suma importante para dar liquidez aos mesmos”, sinala Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.
- Co obxecto de dar liquidez e favorecer a actividade empresarial e comercial de proveedores e empresas que manteñen unha relación contractual co Concello de Barbadás, onte realizaronse varias operacións de pago de facturas por valor de 246.475 euros, explica Valcárcel.
- O alcalde de Barbadás e concelleiro de Economía e Facenda indicou que “a pesares da situación xerada polo estado de alarma, o Concello está facendo un esforzo importante para efectivizar os pagos a proveedores e empresas”