30/10/2025

Listados provisionais axudas de libros e material escolar educación infantil

Subsanación de erros ata o día 12 de novembro

2025-Banner-Axudas Educación Infantil

O CONCELLO DE BARBADÁS CONVOCA NOVAMENTE A  LIÑA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO EN EDUCACIÓN INFANTIL, PARA O CURSO 2025-2026

 

Estas achegas están destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo

 

As axudas que se conceden terán carácter de subvención económica realizada polo Concello de Barbadás para a compra de libros e material para os ciclos de Educación Infantil, ascendendo a 100 € por neno/a como máximo.

 

Beneficiarios

Os beneficiarios serán unidades de convivencia cuxos ingresos non poderán exceder de cinco mil setecentos euros netos anuais por membro familiar.

 

Solicitudes
O prazo de entrega das solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación do extracto no B.O.P. e será dun mes dende esa data.  (Publicado no BOP o 10/09/2025)

Subsanción de erros 10 días hábiles ( ata o día 12 de novembro).

Ler bases no documento que se achega.

 

Data Adxuntos
30/10/2025 Bases reguladoras Axuda libros Ed Infantil curso 2025-2026 PDF [151 KB]
30/10/2025 Extracto Axuda libros Ed Infantil 2025-2026 PDF [77 KB]
30/10/2025 Listado Provisional Axudas curso 2025-2026 ( 29-10-2025) PDF [173 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1772773781

SINGLE.1772773781