12/02/2018

O Concello de Barbadás consigna nos orzamentos municipais 100.000 € para a reforma do campo de fútbol

O orzamento global do proxecto ascende a 300.000 euros e consiste na substitución do céspede principal de fútbol 11 por un céspede de última xeración

O Concello de Barbadás ten pendente de confirmación oficial a financiación por parte de outras administracións: Xunta de Galicia ou Deputación de Ourense

  • O proxecto de reforma que se pretende acometer no campo de fútbol dos Carrís (A Valenzá, Barbadás) implicará a substitución do céspede por unha cuberta nova do chan de xogo de última xeración.
  • Tamén se contempla no proxecto a instalación de céspede artificial no campo anexo de fútbol 8.
  • O concelleiro de Deportes, Adrián Varela,  explica que mellorar o terreo de xogo de fútbol 8 “daríalle unha maior utilidade e permitirá unha mellora nas condicions de adestramento dos equipos da Escola Municipal de Fútbol”.
  • Así mesmo, tamén se incluirá no proxecto a instalación dun muro axeitado que permita a utlización do campo anexo de fútbol 8 en perfectas condicións.
  • O custo aproximado destas obras de reforma rondan os 300.000 euros.
  • O Concello xa ten consignados nos orzamentos de 2018 unha contía de 100.000 euros para aportar ao financiamento do proxecto.
  • Está pendente de confirmar oficialmente a cofinanciación tanto da Deputación como da Xunta de Galicia para financiar estas obras de reforma.
  • O goberno de Barbadás mantivo diferentes conversas con máximos responsables tanto da Deputación como da Dirección Xeral para o Deporte, pero por agora ningunha das 2 administracións da pasos definitivos para asinar de xeito formal un convenio de colaboración para financiar o proxecto.
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, apela “á lealdade institucional para asinar o convenio de colaboración que permita financiar a execución deste proxecto de reforma”.
  • Valcárcel destaca que “dentro do marco de lealdade e de colaboración institucional solicitamos que a Deputación asuma formalmente os compromisos adquiridos hai meses”.
  • Segundo o rexedor “o Concello de Barbadás é a única administración que ata o momento cumpre co compromiso de mellorar as instalacións do campo de fútbol dos Carrís”.
  • Na actualidade a Escol de Fútbol de Barbadás conta con 280 nenos e nenas que practican este deporte dende a categoría de pre-benxamín ata xuvenil.
  • O alcalde destaca tamén que esta obra de reforma é demandada non só pola veciñanza senón tamén polos e polas deportistas que utilizan as instalacións.

Deportes, Novas

CONTENT.1711620551

SINGLE.1711620551