21/10/2026

O Concello de Barbadás contrata a un peón de servizos múltiples a través de Garantía Xuvenil

O Concello de Barbadás vén de contratar a un peón de servizos múltiples a través do plan de Garantía Xuvenil cunha subvención de 16.902,64 euros. O traballador realizará fundamentalmente labores de xardinaría e tarefas de apoio ao servizo de parques e xardíns, así como labores de mantemento na vía pública.

Este tipo de subvencións están destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Novas, Promoción económica

16/11/2026

Programa de axudas municipais á creación de empresas 2026

12/11/2026

Éxito de inscricións na II Carreira Popular da Valenzá cun 50% máis de participantes

11/11/2026

Barbadás, moi preto de ti!

Barbadás - App incidencias

Descarga gratuitamente a aplicación Concello de Barbadás en Google Play (Android) ou App Store (iOS).

CONTENT.1794833613

SINGLE.1794833613