14/04/2020
O Concello de Barbadás crea un Servizo de Atención Telefónica Solidaria
O CONCELLO DE BARBADÁS CREA UN SERVIZO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA SOLIDARIA
O Servizo de atención telefónica solidaria está pensado para poñer en contacto a persoas que queren facer tarefas de voluntariado en tempos de confinamento con persoas que precisan compañía, charlar ou compartir uns intres de conversa.
- O esquema de esta iniciativa é poñer en contacto a persoas que queren ser voluntarias ou axudar a quen o precisa con veciños/as que precisen compañía telefónica.
- As persoas voluntarias para compartir tempo e as receptoras desta compaña solidaria deben ponerse en contacto con co Concello a través do número de teléfono: 988 3915 26 en horario de 9,00 a 14,00 horas.
- Dende o Concello realizanse as postas en contactos entre o voluntariado e os receptores atendendo a criterios de concordancia de perfís de cada usuario/a deste Banco de Tempo.
- As persoas interesadas en este servizo tamén poden utilizar a seguinte dirección de correo electrónico: xuventude@barbadas.es.
- O Servizo de Atención Telefónica Solidaria pode ser unha alternativa para aquelas persoas que amosan unha sensibilidade especial para axudar aos/ás seus conveciños/as nuns momentos tan difíciles como está vivindo a poboación ante as consecuencias do estado de alarma.
- A iniciativa está aberta a toda a veciñanza que desexe participar tanto como voluntarios/as que como receptores desta atención solidaria.