15/02/2021

O Concello de Barbadás devolverá as contías de uso de instalacións e servizos deportivos

O CONCELLO DE BARBADÁS DEVOLVERÁ AS CONTÍAS DE USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E SERVIZOS DEPORTIVOS DURANTE A PANDEMIA

O pago das  cantidades oportunas efectuarase unha vez que cada usuario/a presente a solicitude de devolución.

As devolucións corresponden a actividades de ximnasio, escolas deportivas de baloncesto, de Kung-Fu, de balonmán, de fútbol, de ximnasia rítmica, de tenis e de trampolín.

  • O Concello de Barbadás procederá á devolución dos importes correspondentes ao uso de instalacións e servizos deportivos a usuarios/as que non utilizaron os mesmos por motivos do peche durante a pandemia.

  • O pago das cantidades oportunas efectuarase unha vez que cada usuario/a presente a solicitude de devolución.

  • A execución da devolución realizarase previa solicitude da devolución dos/as beneficiarios/as deste dereito, aportando o número de conta bancaria para proceder ao ingreso da cantidade na conta indicada ou, no seu caso, previa solicitude da compensación da cantidade.

  • As devolucións corresponden a actividades de ximnasio, escolas deportivas de baloncesto, de Kung-Fu, de balonmán, de fútbol, de ximnasia rítmica, de tenis e de trampolín.

  • A devolución das contías correspondentes ás escolas deportivas abarcan 2,5 meses de inactividade ou non prestación do servizo, en tanto que no que se refire ao ximnasio a cantidade a devolver abrangue 17 días.

  • A contía estimada para devolver aos/ás usuarios/as ascende a 993,85 euros, sendo as maiores porcentaxes pola instalación do ximnasio e a escola de fútbol.

Deportes, Novas

CONTENT.1733809645

SINGLE.1733809645