08/11/2019
O Concello de Barbadás financia a reforma da pavimentación na rúa Dámaso Montes (Barbadás pobo)
MELLORA DO PAVIMENTO NA RÚA DÁMASO MONTES DE BARBADÁS
1.- ANTECEDENTES, NECESIDADES E OBXECTIVOS:
- A Rúa Dámaso Montes constitúe unha arteria importante na circulación de
vehículos dentro do núcleo de Barbadás.
- Este vial constitúe unha rúa estreita pola que ademais da circulación dos vehículos transcorre o tránsito peonil dos veciños.
- Antes da execución do proxecto de mellora presentaba un firme asfáltico
con mal estado da capa de rodadura que presentaba fochancas e bacheos que
desentonaban coas características do entorno.
- O Concello pretende mellorar o firme da rúa e as condicións de utilización da mesma por peóns e vehículos.
- Tamén se pretende resaltar o valor cultural rural do entorno.
- Esta rúa atópase en zona de protección de bens catalogados, con protección
patrimonial que debe manter características específicas de integración ambiental,
cultural e harmonía co entorno circundante.
DESCRICIÓN DAS OBRAS:
- O novo pavimento mantén as características de colorido do firme asfáltico, con acabados de formigón desactivado con acabado árido visto natural, definindo unha zona de amortiguación entre as paredes de pedra e o pavimento de formigón cunha franxa de 20 cm de adoquín de pedra de granito integrado no conxunto, buscando unha mellora da rodadura e unha aproximación as características rurais da vía.
ORZAMENTO:
- O orzamento base de licitación das obras ascende a TRINTA E TRES MIL
CEN EUROS (33.100,00 €).
- A obra foi adxudicada por un valor de 32.401,96 euros