03/06/2020

O Concello de Barbadás habilita un Campus Virtual para facilitar o acceso á formación da cidadanía

O CONCELLO DE BARBADÁS HABILITA UN CAMPUS VIRTUAL NA PÁXINA WEB PARA FACILITAR O ACCESO Á FORMACIÓN DA CIDADANÍA

Un total de 11 cursos compoñen a oferta desta plataforma formativa virtual

  • O Concello de Barbadás, co fin de facilitar o acceso á formación “online” da veciñanza e favorecer a conciliación familiar coa adquisición de competencias profesionais, pon en marcha unha plataforma de teleformación na páxina web.
  • Esta plataforma será permanente na web e permitirá ao alumnado conectarse e desenvolver os cursos segundo a súa dispoñibilidade horaria.
  • O alumnado terá á súa disposición un/unha titor/a de xeito continuado que lles irá axudando no proceso formativo e solventando as súas dúbidas.
  • Esta plataforma de teleformación compatible con SEPE e FUNDAE e baseada nas últimas versións de Moodle, incorporando melloras substanciais nas áreas de imaxe, usabilidade e funcionalidade.
  • O Campus Virtual terá activas 750 licencias para cursos das áreas de ofimática, prevención de riscos e hixiene alimentaria, ademais, cursos de protección de datos e seguridade.
  • O inicio das actividades comezou onte 1 de xuño e estarán dispoñibles ata o esgotamento das prazas ou ata 15 de decembro 2020.
  • O concelleiro de Formación de Barbadás, Ramón Selas, explica que “para participar nestas actividades formativas, os/as interesados/as deberán cubrir unha ficha, que lles permite acceder a un máximo de 3 cursos ao ano, que estará accesible na páxina web do Concello de Barbadás e remitila ao enderezo electrónico cet@barbadas.es”.
  • O Campus Virtual de Barbadás oferta os seguintes cursos: Prevención de riscos laborais (60 horas); Manipulador de cargas con carretillas elevadoras (50 horas); Conducción de carretillas elevadoras (30 horas); Manipulación de alimentos (10 horas); Excel avanzado (20 horas); Word avanzado (40 horas); Access avanzado (40 horas; Open Office 3.0: writer e calc (100 horas); Google drive (100 horas); Iniciación á Ofimática (40 horas); Novo Regulamento europeo de protección de datos (60 horas).
  • O teléfono de información do Centro Empresarial Transfronteirizo, centro dende o que se xestiona o Campus Virtual: 988 36 04 13.
  • O sistema de acceso ao Campus Virtual formalízase tras superar unha proba de selección de competencias dixitais.
  • Dende o Centro Empresarial Transfronteirizo sinalan que para o acceso ao Campus Virtual teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Barbadás.
  • O acceso á plataforma virtual de formación debe realizarse a través de barbadas.gal.

Cursos de teleformación

Ficha inscrición cursos teleformación

 

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1600510610

SINGLE.1600510610