20/04/2020
O Concello de Barbadás habilita un servizo de cita telefónica para trámites de Rexistro ou Padrón

O CONCELLO DE BARBADÁS POR EN MARCHA UN SERVIZO DE CITA TELEFÓNICA
- O Concello de Barbadás habilita un servizo de cita telefónica para prestar atención a aquelas persoas que non teñen posibilidade de utilizar medios telemáticos.
- O sistema de cita telefónica consiste en chamar ao número do Concello de Barbadás: 988 36 00 00 en horario de 9,00 a 14,00 horas.
- Unha vez que realice esta chamada unha funcionaria tomará nota das peticións relacionadas con Rexistro, certificados de empadroamento e aqueles trámites sinxelos que as persoas non poidan realizar por vía telemática para citalas un día concreto.
- Esas persoas que precisen facer trámites presenciais de rexistro ou padrón serán citados na casa do concello para que poidan realizalos.