21/07/2018
O Concello de Barbadás investirá 154.132,95 euros en varios pobos do municipio

O CONCELLO DE BARBADÁS INVESTIRÁ 154.132,95 EUROS EN DIFERENTES POBOS DO MUNICIPIO DESTINADOS A OBRAS DE MELLORA EN VIAIS, PARQUES, SEGURIDADE VIARIA E NA REFORMA DUNHA CORREDOIRA
Sobrado, Piñor, Santa Uxía, Finca Fierro, A Cal e Barbadás pobo son os lugares aos que irán destinados os fondos aprobados polo pleno do mes de maio de 2018
- A “Rehabilitación da canella do Regueiro ao Rosario”, en Barbadás pretende dar utilidade a un camiño que na actualidade está intransitable.
- Esta intervención nesta antiga corredoira levarase a cabo seguindo as directrices marcadas pola Dirección Xeral de Patrimonio e pretende ser un modelo de restauración de camiños peonís tradicionais.
- O custe da actuación ascende a 28.067,77 euros.
- Esta canellla está prácticamente intransitable por non ter un firme estable. Así mesmo, os muros laterais tamén se atopan en mal estado, situación que pode conlevar perigosidade para os/as viandantes.
- Tamén existe nesta corredoira unha antiga mina de auga que, segundo os informes técnicos, de non levar a cabo unha actuación sobre a mesma, pode acabar en ruína.
- Ademais, por esta canella atravesan dúas canalizacións (saneamento e pluviais), con tuberías antigas, que están provocando problemas de seguridade e salubridade na zona.
- As obras consistirán na pavimentación do camiño con granito do país, reforma dos muros laterais, limpeza e acondicionamento da mina e instalación de novas canalizacións.
- A “Pavimentación da rúa Tangaraño e afirmado da praza do pobo da Cal” é outro dos proxectos incluídos na modificación de crédito por un valor global de 154.132,95 euros aprobada no pleno do día 7 de maio.
- A dotación de pavimento da rúa Tangaraño é unha actuación necesaria porque o tránsito de vehículos por este vial resulta moi complicado por estar en terra, un motivo polo que o tránsito non reúne os requisitos mínimos de seguridade viaria.
- O proxecto tamén inclúe o afirmado da praza de A Cal por atoparse con un firme en moi malas condicións e con unhas pendentes que poden resultar perigosas.
- O custo do proxecto de pavimentación da rúa Tangaraño e afirmado da Praza da Cal ascende a 36.500 euros.
- A “Reparación do muro de contención do Parque Fidalguiño”, en Sobrado, é outra das actuacións previstas.
- Estas obras de reparación son urxentes porque o actual muro de bloque está a piques de esborrallarse sobre o viario de acceso ao parque e pode suponer un perigo para a seguridade dos/as viandantes.
- As tarefas de reparación inclúen a substitución deste muro por un novo de cachotería de pedra granítica de idénticas características de dimensión e altura.
- O custo de execución deste proxecto é de 17.739,08 euros.
- O proxecto titulado “Balizamento da pista de Barxa”, en Piñor, nunha curva perigosa e que actualmente se atopa nunha situación de seguridade moi delicada é outra das actuacións que se costearán coa modificación de crédito procedente de fondos do remanente de tesoureiría.
- A execución deste proxecto é necesaria e urxente porque se trata de unha zona perigosa para a circulación debido a que as obras afectan a unha curva moi pechada e que carece de protección na súa parte interior.
- Esta actuación localízase na pista cando cruza o coñecido coma Regato do Cura e constitúe un lugar con unha alta densidade de tráfico por ser unha vía utilizada para acceder dende Piñor ao concello limítrofe de Ourense por parte de conductores da zona e tamén do municipio de Toén.
- O custo dos traballos para acometer esta mellora é de 6.750 euros.
- As obras consistirán na colocación de un pretil de perpiaño sobre unha base de formigón armado. Colocaranse aproximadamente 75 pezas de pretiles separadas por 10 centímetros unhas das outras.
- Sobre cada un dos pretiles instalaranse captafaros reflectantes que permitan un axeitado balizamento pola noite.
- A “Mellora do entorno do lavadeiro de Santa Uxía” é outro dos proxectos englobados na modificación de crédito.
- É necesario e urxente levar a cabo unha intervención na zona porque o lugar non reúne as condicións idóneas de seguridade e comodidade.
- A execución deste proxecto en Santa Uxía pretende habilitar unha zona de xogos infantil debido a que na actualidade os/as nenos/as non disponen de elementos para disfrutar de un xeito lúdico desta zona de esparcemento.
- Tamén se instalarán elementos biosaudables no entorno para que o espazo teña utilidade para a veciñanza.
- As obras inclúen a colocación dunha valla perimetral para a zona de xogo infantil e a instalación de baldosas de caucho e de elementos lúdicos.
- No entorno, ademais de instalar unha serie de elementos biosaudables, procederase á adecuación do terreo e á semente de pradeira.
- O orzamento de execución da mellora do lavadeiro de Santa Uxía é de 12.335,33 euros.
- A “Demolición de varias vivendas adosadas na rúa do Pito”, en Piñor, é outra das actuacións previstas.
- Trátase de unha serie de vivendas cedidas hai anos por varios veciños/as ao Concello.
- Nos últimos meses o deterioro da estrutura destas casas antigas obriga a unha actuación de urxencia por motivos de seguridade viaria.
- Hai unhas semanas o Concello levou a cabo o corte do vial principal de acceso para vehículos e persoas, habilitando tan só un estreito paso peonil para evitar risco para as persoas.
- O custe de este proxecto ascende a 52.740,77 euros.
- Esta serie de proxectos son xestionados pola Concellería de Urbanismo, Obras e Servizos Públicos.