22/10/2021

O Concello de Barbadás inviste 1.226.012 euros en pavimentacións, parques, beirarrúas e no edificio de Protección Civil

Mellora de infraestruturas e dotacións do concello

O CONCELLO DE BARBADÁS INVESTIRÁ 1.226.012 EN REFORMAS DE BEIRARRÚAS, DOTACIÓNS DEPORTIVAS, PARQUES INFANTÍS E PAVIMENTACIÓNS

O proxectos serán financiados con cargo ao remanente de tesoureiría

Tamén se reformará a cuberta e a carpintería exterior do edificio de Protección Civil

  • O Concello de Barbadás investirá 1.226.012  euros en reformas de beirarrúas, dotacións deportivas, parques infantís e pavimentacións, así como na reforma da cuberta e a substitución da carpintería exterior de Protección Civil.
  • Estes investimentos efectuaranse a través de sendas operacións de crédito extraordinario e suplementos de crédito aprobados en sesión plenaria.
  • Respecto do crédito extraordinario para a reforma do edificio de Protección Civil, votaron a favor o grupo de goberno do PSdeG, o PP, o concelleiro de Compromiso por Barbadás, Ramón Padrón, e a concelleira de Democracia Orensana, Fina Varelas.
  • En canto a aprobación do suplemento de crédito, o grupo de goberno do PSdeG e os concelleiros de Compromiso por Barbadás, Ramón Padrón, e de Democracia Orensana, Fina Varelas votaron a favor. Abstívose o grupo do PP e o BNG votou en contra.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explica que “o Goberno de España suspendeu para o exercicio 2021 a aplicación das regras fiscais dada a persistencia da pandemia motivada polo Covid 19.Diante deste feito tan positivo e que vén respaldado dende a Comisión Europea, o Goberno de Barbadás procede a facer uso do remanente de tesoureiría do que dispón que suma a contía de 1.336.959,81 €”. Desta contía habilitáronse 1.226.012 euros destinados a unha serie de investimentos para mellorar viais, parques e para habilitar unha pista multideporte.

 

  • Valcárcel destaca que “se trata de un importe que este equipo de goberno quere destinar a mellorar tanto as infraestruturas como as dotacións do noso concello”.

 

  • rexedor sinala que “os apartados ós que van destinados os investimentos teñen por obxectivo priorizar as necesidades máis importantes de Barbadás e tentando chegar ó maior número de veciños e veciñas do noso concello tentando atender a diversos ámbitos e servizos tendo moi presente as peticións feitas pola propia cidadanía”.

 

  • En base ós criterios antes mencionados destínanse as contías do xeito seguinte:

 

  • Pavimentacións: 719.420,03 €
  • Mellora de beirarrúas na Valenzá: Garrida, Picouto, Carrís, Salgueiriños, Areal e Bahamonde. Investimento de 159.795,56 euros.
  • Instalacións deportivas: pista multideporte: 93.783,76
  • Mellora de parques: parque da rúa da Presa: 106.723,92 €
  • Actuacións en edificios municipais: edificio de Protección Civil: 41.289,10 €
  • Proxectos técnicos: 90.000 €
  • Estudos e traballos técnicos: 15.000 €
  • Segundo o alcalde “o goberno municipal é consciente de que con estes investimentos non se atenden todas as suxestións veciñais pero nos vindeiros exercicios seguiremos traballando para poder resolver e satisfacer as mesmas en función da evolución da situación económica y das regras fiscais vixentes en cada momento”.
  • A tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, resaltou a importancia de realizar intervencións en viais en case todo o termo municipal debido ao estado de deterioro que presentan algúns deles. Destacou tamén que se priorizaron proxectos destinados á poboación moza e a nenos e nenas do concello, posto que “se vai realizar unha reforma en profundidade do parque situado na rúa da Presa, detrás da comisaría da policía local e vaise habilitar unha pista multideporte que se ubicará ao final do Paseo dos Amieiros.
  • Listado de obras de pavimentación, 719.420,03 €:
  • Parada: rúa San Bade, tramo de Carmen Martín Gaite, pistas ao final de Boca Aberta a San Bieito. Reforma do tramo de subida a San Bieito na confluencia con Carmen Martín Gaite. Camiño da Chaira, rúa da Escola, tramo en rúa San Antón.
  • Rexeneración do firme da avenida de Celanova.
  • A Valenzá: Rampa das Flores, Camiño do Cerredo e ponte dos Patos.
  • Loiro: rúas da Aira, Checoira, Quinta e Carreira Vella.
  • San Lourenzo de Piñor: rúas Zama, Leirón e O Común.
  • Sobrado: rúas Pradera e Igrexa.

Deportes, Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1728655636

SINGLE.1728655636