16/11/2023
O Concello de Barbadás oferta dous niños empresariais para persoas emprendedoras
Barbadás é un Concello comprometido coa creación de emprego.
Por iso ofrece dous niños empresariais ubicados no Centro Empresarial Transfronteirizo, as persoas emprendedoras que queiran poñer en marcha o seu negocio. Trátase dunha ferramenta de apoio ao empresariado coa que se conta desde o ano 2016.
Cederanse inicialmente por 12 meses con posibilidade de prórroga ata os 36 meses. As persoas beneficiarias terán que aboar un custo simbólico ao mes, no que se inclúe mobiliario, equipos informáticos, conexión a internet, luz, calefacción e servizo de limpeza. Tamén se contará con asesoramento e apoio do persoal técnico do CET.
Máis información no teléfono 988 360 413 ou no enderezo electrónico cet@barbadas.es