22/06/2021

O Concello de Barbadás organiza 3 campus lúdico-educativos para o respiro familiar

Prazo inscrición do 14 ao 25 de xuño

“Xoga e refréscate”, “Deporte e natureza” e “Fin de semana na piscina” son os campus que se ofertan

Ofértanse un total de 540 prazas en 9 quendas

As actividades desenrolaranse entre o 5 de xullo e o 3 de setembro

 

O prazo de inscrición será entre os días 14 e 25 de xuño

 

  • O campus “Respiro Familiar” é unha nova actividade lúdica e formativa que terá lugar durante as vacacións de verán  dirixida aos nenos e nenas do Concello de Barbadás organizada pola Concellería de Mocidade e Deportes.

 

  • Os contidos son principalmente educativos e deportivos, promovendo a actividade física e o xogo como medio para transmitir e fomentar valores educativos que axuden a promover as relacións persoais e a formación integral das persoas.

 

  • O Concello de Barbadás oferta un total de 3 campus con diferentes temáticas: “xoga e refréscate”, “deporte e natureza” e “fin de semana na piscina”.

 

  • Cada campus terá unha duración de unha semana e un total de 9 quendas.

 

  • O numero de prazas por quenda é de 20 participantes, o que significa que se ofertan 540 prazas en todo o verán.

 

  • O prezo de cada campus é de 20 euros.

 

  • Cada persoa solicitante poderá solicitar ata 4 quendas por orde de prioridade.

 

  • Os/as solicitantes deberán ter en conta que o programa de cada un dos tres campus do mes de xullo será o mesmo durante todas as quendas do mes, así como durante o mes de agosto.

 

  • A idade mínima para participar será dos 6 anos que os participantes terán que ter cumpridos antes do inicio da quenda correspondente.

 

  • A idade máxima para participar será de 12 anos.
    Terán prioridade os/as participantes empadroados no concello.

 

  • O desenrolo destes campus ten unha dificultade media-alta e é obrigatorio saber nadar e/ou ter capacidade de flotación.

 

  • O campus “Xoga e refréscate” inclúe obradoiros multidiversión, xogo libre na auga, xogos de auga e volta á calma, co correspondente descaso para a merenda.

 

  • “Deporte e natureza” comeza co apartado “actívate” para a continuación realizar deportes en seco, contacto coa natureza, deportes acuáticos, pausa para a merenda e volta á calma.

 

  • Nas “fins de semana na piscina” haberá festa e xogos en grupo.

 

  • O horario nos campus diarios será de 9,15 a 14,15 horas para obradoiros creativos e xogos con auga, de 9,00 a 14,00 para actividade física e educación ambiental  en tanto que os de fin de semana desenvolveranse de 10,00 a 13,00 horas.

 

  • As horas de “Actívate” variarán segundo a entrada a cada campamento, pero terán un máximo de 30 minutos dende a hora de inicio.

 

(Ver documentos que se achegan ao pé desta noticia)

 

Data Adxuntos
22/06/2021 bases reguladoras Campus Respiro Familiar Barbadás PDF [474 KB]
22/06/2021 Programa/quendas/datas (Anexo 1) PDF [205 KB]
22/06/2021 Recomendacións para os participantes (Anexo 3) PDF [217 KB]
22/06/2021 Solicitude (Anexo 2) Campus Respiro Familiar Barbadás PDF [440 KB]

Deportes, Mocidade, Novas

CONTENT.1733946202

SINGLE.1733946202