13/06/2020

O Concello de Barbadás organiza campamentos “Concilia Barbadás” ofertando 140 prazas por quincena

O CONCELLO DE BARBADÁS ORGANIZA PARA OS MESES DE XULLO E AGOSTO CAMPAMENTOS PARA CONCICIAR A VIDA FAMILIAR E LABORAL

“Concilia Barbadás 2020 oferta 140 prazas por cada quincena distribuidas entre campamentos urbanos e rurais

 

Será requisito indispensable que os/as proxenitores estén traballando no periodo solicitado de disfrute do campamento

O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a.

O prazo de inscrición será desde o luns 22 ata o xoves 25 de xuño

Os/as solicitantes poderán participar en 2 quendas podendo solicitar ata 3 diferentes e indicando a orde de prioridade (antes de conceder o 2º turno de campamento darase prioridade a quen non participase en ninguna).

As inscricións realizaranse de forma telematica no Rexistro Xeral do Concello ou presencialmente no rexistro con cita previa ( Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168)

 

 

  • Os “Campamentos concilia de verán” no ano 2020 consisten en un programa de conciliación con actividades que terán lugar nos meses de verán, xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.

 

 

  • Ofértanse 140 prazas por cada quincena coa seguinte distribución:

 

10 prazas en cada un dos seguintes campamentos

– Campamento urban “A” (3 a 6 anos) A Valenzá

– Campamento urban “B” (3 a 6 anos) A Valenzá

– Campamento urban “C” (7 a 12 anos) A Valenzá

– Campamento multideporte (7 a 12 anos) A Valenzá

– Campamento Barbadás (5 a 12 anos)

– Campamento As Lamas (5 a 12 anos)

– Campamento Piñor (5 a 12 anos)

– Campamento Sobrado (5 a 12 anos)

– Campamento Parada (5 a 12 anos)

– Campamento Santa Uxía (5 a 12 anos)

– Campamento Loiro (5 a 12 anos)

– Campamento Finca Fierro (5 a 12 anos)

– Campamento Bentraces (5 a 12 anos)

 

  • Todalas prazas ofértanse para cada una das quincenas:

1º quincena xullo (6 a 17 de xullo)

2º quincena de xullo (20 a 31 de xullo)

1º quincena agosto (3 a 14 de agosto)

2º quincena de agosto (17 a 28 de agosto).

  • Cada campamento terá un número máximo de 10 prazas e un número mínimo de 9 participantes para a súa realización.

 

  • Os/as solicitantes poderán participar en 2 quendas podendo solicitar ata 3 diferentes e indicando a orde de prioridade (antes de conceder o 2º turno de campamento darase prioridade a quen non participase en ninguna).

 

  • As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

– Facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios necesarios se os precisaran.

-Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.

-Ter capacidade de integración no grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades programadas que se van a desenvolver.

 

  • Os requisitos sinalados serán condición para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante no campamento.

 

  • Porén, a organización reservará en cada quenda un 5% das prazas para os solicitantes con discapacidade igual ou superior ao 33% que non cumpra os requisitos mencionados, que deberán facer constar da mesma maneira a súa condición, co fin de planificar os apoios necesarios para a súa integración na actividade.

 

  • En función do tipo de discapacidade, poderían excepcionarse a algún tipo de actividade dentro da programación. De selo caso, o participante non podería participar nesa actividade específica.

 

  • O prazo de inscrición será desde o luns 22 ata o xoves 25 de xuño (ámbolos dous incluídos) podendo ampliar este prazo en caso de non cubrir a totalidade das prazas.

 

  • A adxudicación será os días inmediatamente posteriores ao prazo de inscrición (cando se contrasten todos os datos) e publicarase a listaxe de admitidos/as publicada na páxina web do Concello de Barbadás xunto coas listas de espera.

 

  • Será requisito indispensable que os/as proxenitores estén traballando no periodo solicitado de disfrute do campamento, para o que se entregará un xustificante certificado pola empresa do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020 durante o periodo dos campamentos do proxenitor ou proxenitores.
  • No caso de proxenitores divorciados/separados acreditarán ademáis do anterior, a custodia durante o periodo do campamento solicitado.

 

  • No caso de traballadores/as autónomos/as presentarán declaración xurada do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020, e o recibo do último mes da cuota de autónomo.

 

  • As prazas serán preferentemente para usuarios que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás.

 

  • A adxudicación de prazas realizarase de forma directa no caso de que o número de prazas solicitadas non supere o número de prazas disponibles.

 

  • No caso de que o numero de prazas solicitadas supere o número de estas mesmas dispoñibles, as prazas serán preferentemente para usuarios que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás. No caso de que, as solicitudes que cumpran con este criterio supere ao de prazas dispoñibles, resolverase usando como criterio, entre éstas, o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013).

 

  • Os solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha lista de espera, seguindo a orde establecida no apartado anterior, primeiro os solicitantes que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás ordeados segundo o especificado, e despois os solicitantes que non cumpran dito criterio, ordeados segundo o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013).

 

  • Os/as solicitantes admitidos deberán realizar o pagamento e presentar o xustificante de pago no prazo e forma que se indicarán na publicación dos listados de admitidos/as.

 

  • A presentación do xustificante de pago dentro deste prazo suporá a confirmación da praza no campamento urbano. A non presentación do xustificante de pago suporá a baixa automática e a perda de todos os dereitos de participación na actividade.

 

  • As inscricións realizaranse de forma telematica no Rexistro Xeral do Concello ou presencialmente no rexistro con cita previa ( Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168) presentando a seguinte documentación:

– A folla de inscrición individual ou múltiple (no caso de irmáns dentro da unidade familiar) debidamente cumprimentada que se poderá descargar directamente na páxina web do concello, cuxa sinatura produce os efectos de autorización para a asistencia do menor a actividade.

-A solicitude poderá ser individual ou múltiple (no suposto de dous, tres ou catro irmáns)

-A solicitude múltiple ten efectos para adxudicación de prazas segundo a a orde dos resultados e para xerar as listas de espera. No momento das adxudicacións desde a lista de espera xa se teñen en conta como individuais.

-Certificado de recoñecemento de discapacidade.

-Libro de familia (só no caso de que o/a menor non dispoña de DNI para proceder á comprobación de datos).

  • O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a.

 

  • No suposto de que quedasen prazas vacantes, chamarase por rigorosoa orde ós solicitantes en lista de espera, que deberán efectuar o pagamento nun prazo de dous días unha vez recibida a comunicación telefónica da súa admisión na actividade. Realizarase un máximo de 2 chamadas, de non ser posible a comunicación telefónica, chamarase ó seguinte solicitante da lista.

 

  • Unha vez efectuado o ingreso correspondente, non se devolverá o importe satisfeito salvo se acredite a imposibilidade do neno/a de asistir á actividade mediante certificado médico que deberá presentarse cun mínimo de antelación de 48 horas antes do inicio da actividade.

 

  • Información de interese: Concellería de Educación e Mocidade.

Teléfonos de información:

Casa da Xuventude: 988391526

Educación: 988246885

Inicio

 

 

Deportes, Educación/Formación, Mocidade, Novas

CONTENT.1714040325

SINGLE.1714040325