27/03/2021

O Concello de Barbadás organiza unhas xornadas dirixidas á mocidade en torno ás consolas e videoxogos

O CONCELLO DE BARBADÁS ORGANIZA UNHAS XORNADAS DIRIXIDAS Á MOCIDADE EN TORNO AO ÁMBITO DAS CONSOLAS

Os días 29, 30 e 31 estarán a disposición da veciñanza na Casa da Mocidade, ubicada na rúa dos Diestros (A Valenzá), varias plataformas para poder xogar a diferentes videoxogos.

 

  • A partir do luns día 29 de marzo e ata o mércores día 31 estarán a disposición da veciñanza na Casa da Mocidade, ubicada na rúa dos Diestros (A Valenzá), varias plataformas para poder xogar a diferentes videoxogos.

 

  • O horario destas xornadas de ocio será de 10,00 a 14,00 horas e pola tarde de 16,00 a 20,00 h.

 

  • As xornadas celebraranse os días 29, 30 e 31 de marzo, días nos que as persoas que acudan á Casa da Mocidade poderán coñecer e disfrutar das últimas novidades no ámbito das consolas.

 

  • Está prevista ademais unha exposición de consolas, “con postos para xogar coma antes”, sinala Abel Cortés, concelleiro de Mocidade.

 

  • O martes día 29 de marzo está programado un “faladoiro” sobre eSports e Videoxogos ás 18:00h.

 

  • Esta mesa redonda contará coa presenza de expertos/as en videoxogos. Estarán membros do Museo do Videoxogo, do equipo galego Rapos@s Gaming, de QLASH Spain e, por suposto, con representación da Asociación Galega de Deportes Electrónicos.

 

  • A mesa redonda baixo o título “Videoxogos & Esports: a nova realidade” contará coa presenza de persoas expertas. Estarán Iago Pedreira, manager do grupo galego “Rapos@s”; Cristian Espartaco, manager “Ac Milán” e “Qlash”; Ana López, xogadora LOL en “Rapos@s@; Millán Brea, presidente da asociación galega ESports; Galo e Jacobo, do Museo do Videoxogo de Galicia.

 

  • O mércores día 31 de marzo está previsto un torneo de Fifa 21, na que as persoas que desexen participar deberán anotarse nos días previos, 29 e 30 de marzo.

 

  • A organización deste evento en torno aos videoxogos e as consolas conta coa colaboración do Concello de Barbadáse foi promovido pola empresa Xog.on.

 

  • Gal e-Sports (Asociación Galega de Deportes Electrónicos) e MUVI. (Museo do Videoxogo) tamén colaboran na organización deste evento en torno aos videoxogos e as consolas. 
    • Abel Cortés, edil de Mocidade, explica que “na actualidade os esports, competicións oficiais de videoxogos, son unha nova modalidade de deporte que esta a triunfar dun xeito moi acelerado”.

     

    • “Por este motivo o traemos esta actividade ao Concello de Barbadás, para que a veciñanza coñeza a actualidade deste ambito, o contexto histórico do videoxogo, cómo funciona un equipo amateur e cómo o viven os profesionais”.

     

    • Cortés destaca o broche final do evento, o mércores día 31, no que haberá un torneo de Fifa 21 “para que os veciños e veciñas poidan brevemente experimentar unha competición deste xénero”.

     

 

Mocidade, Novas

CONTENT.1728532156

SINGLE.1728532156