06/04/2020
O Concello de Barbadás pon en marcha un servizo para a impresión de apuntes/deberes para escolares do municipio
O CONCELLO DE BARBADÁS PON EN MARCHA UN SERVIZO PARA IMPRESIÓN DE APUNTES PARA OS/AS ESCOLARES DO MUNICIPIO
- O Servizo de impresión de apuntes está dirixido a nenos e nenas que non dispoñen de conexión wifi ou impresora.
- Co obxecto de facilitar que os/as escolares poidan seguir desenrolando tarefas didácticas dende a casa, ofrécese a posibilidade de imprimir apuntes ou deberes e a posterior entrega nos domicilios.
- O sistema para acceder a este servizo consiste en enviar un correo electrónico á seguinte dirección: apuntesconcellodebarbadas@gmail.com .
- A información que se precisa para proceder á impresión de apuntes/deberes é o nome e apelidos, número de teléfono de contacto e a dirección postal.
- Este servizo préstase a través da Área de Educación no teléfono 988 246885, con un horario de atención ao público de 9,00 a 14,00 horas.
- Unha vez realizada a petición a través da dirección de email ou do teléfono, o Concello de Barbadás realizará a entrega en función da dispoñibilidade de medios humanos e materiais.