29/04/2021
O Concello de Barbadás promove unha campaña “Rasca coa Hostalaría” de apoio ao sector
31.500 RASCAS para os clientes dos establecementos hostaleiros
O CONCELLO DE BARBADÁS PROMOVE UNHA CAMPAÑA “RASCA COA HOSTALARÍA” DE PROMOCIÓN DESTE SECTOR EN BARBADÁS
Trátase de unha campaña para reactivar o sector da hostalaría coa distribución de 31.500 rascas para que participe a clientela dos locais de hostalaría
A campaña poñerase en marcha nos primeiros días do mes de maio e entregaranse 700 premios nominativos
Cada cliente que acuda a un destes establecementos, e faga unha consumición, recibirá un “Rasca” de este tipo, podendo conseguir un dos premios indicados.
- A presentación da campaña tivo lugar este mediodía na rúa, na Valenzá. A tenente alcalde, Victoria Morenza, aseguro que “se trata de unha campaña promovida pola Concellería de Comercio, que integra a todos/as os hostaleiros/as do concello de Barbadás, tanto do medio rural como o da propia Valenzá coa que se pretende dinamizar o sector da hostalaría debido a crise provocada polo Covid.
- Marga Pérez, concelleira de Comercio, explica que son “son un total de 36 establecementos os que se sumaron a esta iniciativa, que pretende dinamizar o sector nun concello tan importante no que a hostalaría”.
- Como representantes do sector estiveron Jesús Quintairos, (Suso, A Pereiriña) , Hernani Manuel,(Taberna do Nani , Sobrado) e Iván Barja (O Liñar).
- Marga Pérez, Concelleira de Comercio, comenta que esta iniciativa “xurdiu despois das conversacións mantidas co sector da hostalaría durante os últimos meses, onde se viu a necesidade de facer unha campaña específica. Un sector que todos sabemos que o pasaron moi mal polos peches continuos que tiveron que padecer, e que agora pouco a pouco cos datos que estamos a vivir van abrindo as súas portas”.
- Esta é unha campaña para reactivar esa clientela, que comprendan que as normativas se están seguindo con todos os protocolos de seguridade e que son establecementos seguros, un motor económico fundamental en Barbadás, indicou a concelleira de Comercio.
- A campaña “Rasca coa Hostalaría” é moi atractiva e participan practicamente todos/as os hostaleiros/as do concello e constiste en:
– Poñer en marcha 31.500 “Rascas” entre todos os hostaleiros adheridos a campaña.
– 700 Premios en total nominativos, é dicir, pode tocar dende un café en outro establecemento do Concello, un almorzo, unha cea, ou incluso o premio estrela, que consiste nun fin de semana para dúas persoas no Pazo de Bentraces, ( dúas noites para dúas persoas co almorzo incluído).
– Cada persoa que acuda a un destes establecementos, e faga unha consumición, recibirá un “Rasca” de este tipo podendo conseguir un dos premios indicados.
- A concelleira de Comercio confía en que esta campaña “lle guste á poboación de Barbadás. A intención do Concello é axudar a este tipo de negocios hostaleiros, plantexando este tipo de iniciativas que se poñen en marcha durante todo o ano cos diferentes sectores, e poñendo o gran de area para que poidan reactivarse, poidan retirar a ao/ás seus traballadores/as do ERTE , e poidan crear mais postos de traballo se lles vai ben para poder acadar nalgún momento esa normalidade que tanto desexamos.
- Jesus Quintairos ( Suso), xerente do Pereiriña, agradece ao Concello “a labor que está realizando con esta campaña, tendo a esperanza de beneficiar ao noso sector e ao comercio local”.
- Iván Barja, da Vinoteca O Liñar, agradece tamén esta iniciativa do Concello “nos tempos que corren, sobre todo, en barrios coma no que vivimos, de xente xoven con gañas de novas experiencias”.
- Hernani Manuel Mota , da Taberna do Nani , tamén agradece o Concello a campaña, “xa que non soamente participa a zona con máis poboación do concello, senón tamén os pobos de arredor, e vainos axudar aos/ás hostaleiros/as despois da situación que vivimos durante os peches dos nosos negocios”.