22/07/2025

O Concello de Barbadás reforza a accesibilidade e seguridade viaria da avenida de Celanova coa instalación de novas luminarias en seis pasos de peóns

Paso de peóns
  • O goberno local investiu 20.000 euros na instalación de 12 luces led modernas
  • “O obxectivo é incrementar a visibilidade, a seguridade viaria e a mobilidade da poboación en cruces moi transitados”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos

O Concello de Barbadás reforza a seguridade viaria e a mobilidade da avenida de Celanova, a arteria principal da Valenzá, coa instalación de novas luminarias en seis pasos de peóns moi transitados. A tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, destaca a importancia desta actuación, valorada en 20.000 euros, que mellora non só a visibilidade dos condutores, senón tamén a dos peóns. “O obxectivo é incrementar a seguridade viaria, a visibilidade, fundamentalmente pola noite, e a mobilidade da poboación en zonas de cruce de moitas persoas”, apunta Morenza. 

A intervención incluíu a instalación de dúas luminarias led modernas, unha en cada sentido da marcha, en seis pasos de peóns da avenida (no número 1, á altura do número 52, no número 60, no 80, 93 e 116). Estes cruces son dos máis transitados da Valenzá pola proximidade a comercios, hipermercados, servizos municipais, parques e farmacias. “Hai pasos nos que ten habido incidentes viarios por falta de visibilidade, por iso é tan importante incrementar a iluminación”, sinala a tenente alcalde. 

O tipo de aparello instalado varía segundo o espazo e a contorna; así, en varios puntos colocáronse luces máis altas, que tamén iluminan a entrada a parques ou zonas de escaleiras, mentres que noutros cruces puxéronse luminarias máis baixas e dirixidas. 

Novas, Urbanismo

CONTENT.1770881866

SINGLE.1770881866