22/09/2024

O Concello de Barbadás reforza a súa aposta por dinamizar o rural con actividades de lecer nunha decena de parroquias

O Concello de Barbadás reforza a súa aposta pola dinamización das zonas rurais cun amplo calendario de actividades de lecer para os próximos meses. Nos lugares de Loiro, Bentraces, Sobrado do Bispo, Barbadás, As Lamas, Finca Fierro, A Valenzá, Parada e Piñor ofreceranse dende clases de teatro para nenos, nenas e adultos e manualidades ata ximnasia de mantemento. As actividades promoverán, no tempo de lecer, o enriquecemento creativo, a expresión artística e o benestar físico e persoal.

A concelleira de Participación Veciñal, Ana Belén Peleteiro, explicou que “os obradoiros de manualidades brindarán aos veciños e veciñas a oportunidade de explorar a súa creatividade, dando unha segunda vida a obxectos cotiás creando obras únicas” mentres que a ximnasia de mantemento “permitirá aos participantes mellorar a súas condicións físicas ao mesmo tempo que se fomenta a convivencia entre a veciñanza”.

Ademais, a aula de teatro da Casa da Cultura da Valenzá busca potenciar a creatividade e a imaxinación de cada participante, desenvolver a comunicación verbal e non verbal (xestual, corporal) así como fomentar habilidades comunicativas.

Estas actividades, que se desenvolverán en case unha trintena de grupos, teñen por obxectivo achegar á veciñanza alternativas lúdicas e saudables para o tempo de lecer libre cun custo de 20€ anual (24€ para teatro) ademais de fomentar a convivencia e a socialización entre os participantes.

 

Novas

12/10/2024

As obras de mellora do firme nas Rúa Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato chegan ó seu tramo final

12/10/2024

Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Culturais do Concello de Barbadás

2024-Banner-Subvención asociacións culturais - concello de Barbadás

Prazo de presentación, 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

11/10/2024

Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Veciñais do Concello de Barbadás

2024-Convocatoria de Subvención asociacións veciñais - 2024 - concello de Barbadás

Presentación de solicitudes: 20 días naturais, a contar desde o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

CONTENT.1728860549

SINGLE.1728860549