24/11/2022

O Concello de Barbadás subvenciona novos proxectos de emprendemento

Axudas ao emprendemento

O CONCELLO DE BARBADÁS APOIA AO NOVO EMPRESARIADO CUNHA AXUDA PARA INICIAR A ACTIVIDADE NO MUNICIPIO

A convocatoria destas axudas para 2022 propiciou que se subvencionara a un total de 7 proxectos, de diversos sectores como comercio, apicultura, hostalería e servizos

 

  • O Concello de Barbadás apoia aos/ás novos/as emprendedores/as cunha subvención para a creación de empresas.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “o Concello de Barbadás valora a iniciativa e esforzo dos/as novos/as empresarios/as, apoiándoos na posta en marcha dos seus negocios a través dun programa de axudas para a creación de empresas no ámbito municipal”.

 

  • Esta convocatoria de apoio aos/as recentes empresarios/as que contan cun proxecto viable e iniciado no último ano, súmase a outras iniciativas do Concello de Barbadás, como o viveiro de empresas ou a formación especializada para este colectivo, “que reflicten o compromiso público para minimizar as posibles barreiras que xorden cando se inicia un camiño empresarial, poñendo a seu dispor todos os medios e recursos do Concello”, sinala Valcárcel.

 

  • A convocatoria destas axudas para 2022 propiciou que se subvencionara a un total de 7 proxectos, de diversos sectores como comercio, apicultura, hostalería e servizos, acadando seis proxectos a contía máxima da axuda (2.000 euros), polo que foi necesario facer unha ampliación de crédito.

 

  • As axudas, cunha contía máxima de 2.000 euros, son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar a creación do propio posto de traballo, así como parte dos gastos iniciais da posta en marcha da actividade.

 

  • A tramitación destas axudas para a creación de emprego realizouse dende o Centro Empresarial Transfronteirizo.

 

  • A contía das axudas ascendeu a 13.315,31 euros.

 

  • Estas subvencións serviron para sufragar gastos de constitución de emprendedores/as, existencias iniciais de mercadorías, primas de seguros, subministración e gastos correntes, dereitos de propiedade industrial ou o imposto de vehículos de tracción mecánica.

 

Novas, Promoción económica

CONTENT.1733941852

SINGLE.1733941852