12/06/2024
O Concello estrea un parque inclusivo na Rúa da Presa con tres plataformas comunicadas por un sendeiro para facilitar o acceso
Que todos os nenos e nenas, tamén aqueles con mobilidade reducida, teñan un espazo adaptado no que xogar. Este foi o obxectivo que levou ao Concello de Barbadás a acometer a construción da área infantil que se empraza na Rúa da Presa, detrás da escola infantil. Os elementos de xogo inclusivo e a accesibilidade son as súas principais características, ademais do colorido pavimento de caucho que aporta seguridade.
Para garantir a accesibilidade a este parque infantil construíronse tres plataformas, comunicadas entre elas por un sendeiro e escaleiras cunha diferencia de cota menor a 60 centímetros entre elas. Nestas plataformas instaláronse elementos de xogo inclusivos que permiten o disfrute de todos os nenos e nenas. O sendeiro, cunha pendente do 6%, foi executado con adoquíns de formigón mentres as escaleiras que comunican as plataformas foron construídas con formigón.
O material do pavimento é de caucho continuo, permeable e uniforme, constituído por gránulos de caucho cohesionados con un ligante con espesor adecuado, de acordo coa norma UNE EN 1177:2009.
O parque tamén dispón de bancadas, así como novas papeleiras, unha renovada fonte bebedeiro e un cartel con indicación das normas. Durante as obras foi necesario reubicar as farolas actuais, adaptándoas á nova configuración do parque infantil.
A tenente de alcalde, Victoria Morenza, explicou que a construción deste primeiro parque inclusivo de Barbadás “supón un avance na integración das persoas con diversidade funcional porque case a totalidade dos elementos son accesibles e incluso conta con xogos de escalada para favorecer a psicomotricidade”. Tamén insistiu Morenza en que o novo parque da Rúa da Presa “será un lugar propicio para que todos os nenos e nenas poidan disfrutar nun espazo común”.