08/12/2023

O Concello incrementará as axudas para libros de texto e material escolar ao alumnado de centros públicos e concertados

Por ser un concello que pensa nas familias, cada vez son máis as que elixen Barbadás para iniciar un plan de vida. As axudas que se destinan aos libros de texto e ao material escolar son un exemplo do compromiso do goberno local. A costa de setembro preséntase difícil para moitos veciños e veciñas, polo que o Concello destina cada ano unha partida orzamentaria para axudar neste importante gasto.

Tal e como explican dende a concellería de Educación que dirixe Marga Pérez, trátase dunha axuda para a compra de libros e material escolar do alumnado de Barbadás matriculado tanto en colexios públicos como en concertados e destinada a familias en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo. A contía incrementarase para chegar ao maior número de persoas que o necesiten. “No afán de seguir colaborando, o Concello seguirá incrementando a contía das axudas”, afirma Marga Pérez.

Nos últimos cursos escolares a cantidade subvencionable foise aumentando así como o máximo de renda por unidade familiar para dar cabida a un maior número de solicitudes.

Neste ano, concedéronse un total de 42 axudas cunha cantidade máxima de 100 euros por neno ou nena. Ademais, para este curso escolar e ante a existencia de crédito, concedéronse tamén a familias que superaban a renda máxima esixida.

Novas

CONTENT.1728537704

SINGLE.1728537704