14/05/2020

O Concello prohibe o acceso e a circulación de bicicletas polos paseos peonís do río no núcleo da Valenzá

 

O CONCELLO DE BARBADÁS PROHIBE O ACCESO E A CIRCULACIÓN DE BICICLETAS POLOS PASEOS PEONÍS DO RÍO NO NÚCLEO DA VALENZA

  • Debido a afluencia de persoas que se está a producir no paseo fluvial, e coa finalidade de evitar que se produzan aglomeracións de xente; facilitando a práctica da actividade física a todos/as, e a para a protección da saúde colectiva, o Concello de Barbadás prohibe o acceso e a circulación de bicicletas polos paseos peonís do río no núcleo da Valenzá.

  • Dende o día 2 de maio, coa entrada en vigor dita orde, as marxes do rio do núcleo da Valenzá son utilizados pola cidadanía para a realización da actividade física permitida, tanto a práctica non profesional de calquera deporte individual que non requira contacto con terceiros, como os paseos.

  • A citada orde (Orden SND/380/2020, de 30 de abril, BOE 1 de maio de 2020) establece o mantemento dunha distancia interpersoal de polo menos 2 metros, sendo a distancia recomendada polas autoridades sanitarias, para a práctica do deporte, maior; evitando os espazos concorridos ou nos que onde poidan existir aglomeracións.

  • A afluencia de persoas nos pasesos fluviais é numerosa, motivo polo que para evitar aglomeracións de persoas e para facilitar a práctica da actividade física a todos/as, e a para a protección da saúde colectiva, decidiuse prohibir o acceso e circulación de bicicletas.

  • Esta prohibición manterase mentres dure o estado de alarma.

 

 

Novas

CONTENT.1695529293

SINGLE.1695529293