14/04/2024

O Concello reparte “porta a porta” na Valenzá os materiais para a recollida de materia orgánica en colector marrón

Ao longo deste mes de abril, o Concello de Barbadás repartirá “porta a porta” na Valenzá os materiais necesarios para o uso dos novos colectores marróns, destinados á fracción orgánica do lixo.

Foi a finais do ano pasado cando se puxo en marcha a campaña “Ti tes a chave”, que fomenta a compostaxe e a implantación do colector marrón a pé de rúa. O municipio é pioneiro na provincia en promover a recollida de materia orgánica mediante este procedemento.

Os paquetes que se reparten entre a veciñanza da Valenzá inclúen os seguintes materiais: chave de acceso ao colector para intentar limitar o uso indebido do mesmo; caldeiro para axudar a separar os residuos orgánicos; bolsas compostables, indispensables no uso do colector marrón e díptico informativo.

Para aquelas persoas que desexen participar na iniciativa e non queiran esperar a visita ou non se atopaban na casa durante a mesma, poden anotarse no programa a través de https://barbadas.rsu.gal/ e recoller os materiais na oficina da Policía Local.

Durante o pasado outono levouse a cabo unha campaña informativa coa instalación de carpas en diferentes puntos do concello A todos os veciños e veciñas que se achegaron ata elas explicóuselles que para abrir o colector marrón precísase unha chave que permitirá acceder aos colectores que estarán pechados para conseguir un reducido número de impropios que permita levar a materia orgánica a unha planta de compostaxe para convertelos en abono.

 

 

Novas

12/11/2026

Éxito de inscricións na II Carreira Popular da Valenzá cun 50% máis de participantes

11/11/2026

Barbadás, moi preto de ti!

Barbadás - App incidencias

Descarga gratuitamente a aplicación Concello de Barbadás en Google Play (Android) ou App Store (iOS).

09/11/2026

Campamento de Nadal 2026

Barbadás-Campamento de Nadal 2026

Prazo de inscrición: do 16 ao 23 de novembro de 2026

CONTENT.1794712898

SINGLE.1794712898