14/01/2019

O Concello subvenciona a oito empresas de nova creación para fomentar o emprendemento

Resultaron beneficiadas oito iniciativas, cinco delas promovidas por mulleres

* Resultaron beneficiadas oito iniciativas, cinco delas promovidas por mulleres

* O alto número de solicitudes levou ó Concello a elevar un 50% a partida de axudas ata fixala en 18.000 €

Barbadás, 11 de xaneiro de 2019. O concello de Barbadás ven de conceder axudas a oito empresas de nova creación a través da Concellería de Promoción Económica, que dirixe o tenente de alcalde, Xosé Manuel Fírvida, co obxectivo de “colaborar á consolidación de iniciativas empresariais e comerciais recentes e que poidan situarse no camino da dinamización económica e social do noso concello”, segundo o edil nacionalista.

A cuantía das axudas, fixada inicialmente en 12.000 euros, foi incrementada nun 50%, situándoa en 18.000 “debido ó número de solicitudes presentadas e que nos parecían o suficientemente interesantes e ben enfocadas para resultar exitosas como para aumentar o esforzo orzamentario por parte do Concello”, apunta Fírvida. Ainda así, duas empresas aspirantes quedaron fóra das subvencións debido ó esgotamento do crédito. O criterio de eliminación foi establecido en función do orden de solicitude, resultando estas as últimas en presentalas ó ser presentadas o último día (31 de outubro de 2018, as 13,55 e ás 21,27 horas, respectivamente. Ainda foi apartada unha terceira por ter iniciado a sua actividade con anterioridade ó 1 de outubro de 2017, que era a data de prazo máximo para poder ter dereito á demanda de subvención.

Das oito iniciativas de emprendemento subvencionadas, cinco están promovidas por mulleres; sete delas obtiveron 2.500 euros cada unha, que é a cantidade máxima fixada nas bases para cada unha, en tanto que a octava recibiu 500 euros.

O titular da área de Promoción Económico amósase “satisfeito da resposta obtida, o cal nos indica que estamos no camino axeitado cas medidas de estímulo á actividade empresarial no concello de Barbadás, que aplicamos por segundo ano consecutivo para favorecer o asentamento de novos negocios e contribuir a impulsar a creación de postos de traballo”.

As axudas contemplan subvencións para a compra de inmovilizado, equipos informáticos, gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa, adquisición inicial de mercadorías, gastos correntes de aluguer de local, gastos de auga, calefacción e teléfono, gastos en publicidade de lanzamento, así como dereitos de propiedade industrial; axudas para abonar o dominio de internet ou elaboración de páxina web da empresa; a asistencia dos promotores a cursos, seminarios e xornadas de temas que teñan que ver co obxecto da formación para a posta en marcha da actividade empresarial; inversión en concepto de adquisición de activos fixos novos, como ordenadores, termináis de punto de venta ou impresoras, etc.; imposto de vehículos de tracción mecánica, ainda que so un por empresa e deberá estar adicado directamente coa actividade da empresa para uso comercial, transporte ou reparto.

 

Novas, Promoción económica

CONTENT.1573974401

SINGLE.1573974401