19/09/2024

O concurso “Barbadás a bocados” remata con récord de participación: 9.000 pinchos consumidos entre venres e sábado

O concurso Barbadás a bocados bateu todos os seus rexistros, xusta cando chegou a súa sétima edición.

Durante a entrega de premios aos gañadores, esta mañá, fixéronse tamén públicos os datos relativos á participación deste ano. Así, entre o venres pola tarde e sábado, tamén pola tarde, consumíronse preto de 9.000 pinchos (8.800 exactamente) nos 14 locais de hostalaría que se inscribiron no concurso. Esta cifra non ten so un innegable valor cuantitativo, senón que tamén di moito sobre a calidade das creacións dos hostaleiros e hostaleiras de Barbadás, o que provocou unha participación récord, tanto en canto a locais como a clientes.

Con estes datos sobre a mesa, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Comercio, Marga Pérez, puxeron en valor a aportación deste concurso de pinchos á dinamización dun sector que non deixa de medrar e da propia  localidade, que durante os días do concurso incrementa notablemente o ambiente que percorre as súas rúas e os seus establecementos.

Con relación aos premios, este ano houbo coincidencia entre o fallo do xurado profesional e a votación popular, que elixiron gañador ao mesmo pincho. A primeiro premio en ambas categorías foi para unha filloa con champiñóns, xamón, crema de quiexo e crocante servida en “A Cova do Savio”.

Mentres, o segundo premio profesional recaeu no establecemento “Claret´s Food” (pincho a base de carne mechada, arroz branco, plátano macho, feixóns negros e queixo) e o popular foi para “A Lo Maracucho” (pincho de plátano macho, carne picada, tomate, cebola e cilantro).

Na votación popular participaron 649 persoas, das que seis resultaron premiadas por sorteo cun lote de produtos dos colaboradores do concurso: Coto de Ousande, cervexa
Esmorga, Adega Cotarelo e Coren, aos que tamén se suma como patrocinador Abanca.

 

 

Novas

12/10/2024

As obras de mellora do firme nas Rúa Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato chegan ó seu tramo final

12/10/2024

Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Culturais do Concello de Barbadás

2024-Banner-Subvención asociacións culturais - concello de Barbadás

Prazo de presentación, 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

11/10/2024

Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Veciñais do Concello de Barbadás

2024-Convocatoria de Subvención asociacións veciñais - 2024 - concello de Barbadás

Presentación de solicitudes: 20 días naturais, a contar desde o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

CONTENT.1728857748

SINGLE.1728857748