28/08/2020
O DÍA 1 DE SETEMBRO COMEZAN A APLICARSE AS BONIFICACIÓNS DO CONCELLO DE BARBADÁS PARA O TRANSPORTE EN AUTOBÚS
O DÍA 1 DE SETEMBRO ENTRAN EN VIGOR AS AXUDAS Á CIDADANÍA PARA O USO DO TRANSPORTE PÚBLICO COLECTIVO REGULAR DE VIAXEIROS POR ESTRADA DO CONCELLO DE BARBADÁS.
As persoas que dispoñan de bonobuses antigos deben consumilos antes do 1 de novembro
- As axudas consistirán na xestión das bonificacións establecidas mediante o uso da tarxeta de transporte de Galicia que corresponda.
- Son de aplicación en todos os medios de transporte públicos especificados no artigo 2 da ordenanza aprobada recentemente, sendo as axudas reguladas neste prego de aplicación exclusiva naquelas viaxes especificadas en dito artigo.
- Artigo 2. Obxecto e ámbito de aplicación.
A presente ordenanza ten por obxecto establecer as condicións que rexerán as axudas ao transporte colectivo de viaxeiros por estrada do Concello de Barbadás, destinadas a promover e facilitar a mobilidade e o desprazamento e a intercomunicación a través dos medios de transporte públicos, en especial daqueles colectivos especificados no artigo 3 da presente normativa, tendo validez nos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral que se desenvolvan no interior do termo municipal de Barbadás ou entre este e o de Ourense. Estas relacións de tráficos son atendidas polos contratos de concesión de servizos de transporte público regular de viaxeiros por estrada de uso xeral da titularidade da Xunta de Galicia, que se indican no anexo I.
- ANEXO I
Contratos de concesión de servizos públicos de transporte con relacións de tráfico incluídas no ámbito de aplicación desta ordenanza.
Concesión | Denominación | Concesionario |
XG603 | Comarca de Terra de Celanova | Sociedad de Transportes SL, Autos González SL, Barcala Sanz SL, Auto Industrial SA, Empresa Villalón SA, Aguas de Íncio SA, e Eleuterio Lopez y CIA SL, Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio |
XG605 | Comarca de Ourense | Minhobus-Transportes do Minho, SUL, Empresa Gavilanes, SL, Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio |
XG688 | Termos municipais do Pereiro de Aguiar, Coles e Barbadás | Autos González SL, Auto Industrial SAU, Empresa Villalón SAU, Aguas de Incio SA e Eleuterio López y Cía SL Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio |
XG691 | O Pereiro de Aguiar – Ourense, con anexos | Autos González SL, Auto Industrial SAU, Empresa Villalón SAU, Aguas de Incio SAU e Eleuterio López y Cía SL Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio |
XG707 | Toén – Barbadás – Ourense, con anexos | Autocares Alfer, SA, Empresa Toén, SL, Autos Gómez, SL, Autocares Manolete, SL, Autocares A. González, SL, Autocares La Mezquita, SL, Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio |
- IMPORTE DA AXUDA.
- A contía das axudas fixarase tomando como referencia o prezo da viaxe sinxela correspondente a unha viaxe coa tarxeta TMG, na actualidade 1,35€, e serán modificadas de acordo coas variacións que este prezo experimente durante a vixencia das axudas regulamentadas nesta base.
- As contías das axudas son as seguintes:
COLECTIVO | SUBVENCIÓN MUNICIPAL | IMPORTE ACTUAL ABONADO POLO BENEFICIARIO |
Bonificacións de uso xeral. | 37% do importe da viaxe | 0,85€. |
Estudantes. | 55.5% do importe da viaxe | 0,60€. |
Pensionistas. | 48% do importe da viaxe | 0,70€. |
Persoas en situación de risco social. | 100% do importe da viaxe | Gratuito |
- ABOAMENTO DAS AXUDAS.
- O aboamento das bonificacións de uso xeral á persoa usuaria efectuaranse mediante desconto aplicado directamente no pagamento realizado no autobús coa tarxeta de que se trate (TMG, TMG Xente Nova, Millenium da Coruña e Cidadá de Lugo).
- As persoas beneficiarias dunha bonificación social, ao facer uso dos servizos de transporte, deberán pagar no autobús o importe da viaxe coa súa tarxeta “TMG social”, aplicándoselles por tanto de xeito automático a bonificación de uso xeral, nos mesmos termos que o resto de beneficiarios.
A bonificación social adicional que lle corresponda á persoa usuaria farase efectiva para as persoas beneficiarias no momento no que estas efectúen a recarga da tarxeta a partir de finais do mes seguinte a aquel no que realizasen a viaxe. As persoas beneficiarias disporán do prazo de dous meses para aceptar cada bonificación dende a data na que esta se poña á súa disposición. No caso de non aceptar a recarga dentro do devandito prazo, esta recarga caducará e perderán o dereito a percibila.
- As persoas beneficiarias das axudas establecidas poderán consultar o estado das súas recargas na páxina web https://tmg.xunta.gal/consulta-tarxeta, ou na que en cada momento habilite a Dirección Xeral de Mobilidade. Neste sentido, este sistema de pagamentos operará de xeito análogo a como o fai o actual programa tarifario social no Transporte Metropolitano.
- Na modalidade de axudas por situacións de emerxencia social, estas aboaranse segundo o mesmo procedemento, tendo en conta a resolución recaída mediante a compensación do 100% do importe das viaxes realizadas.
- USO DA TARXETA.
A Tarxeta é persoal e intransferible, responsabilizándose o seu titular do correcto uso da mesma.
A persoa titular da Tarxeta deberá identificarse sempre que lle sexa requirido polo condutor/a do autobús, persoal de inspección da compañía de transporte ou persoal do concello debidamente acreditados.
- PERÍODO DE TRANSICIÓN.
As persoas beneficiarias das axudas na actualidade do transporte colectivo vixente neste Concello deixarán de ser beneficiarias no momento en que se produza a entrada en vigor do Convenio de colaboración entre Concello de Barbadás coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, en materia de transporte público de viajeros por estrada. Fíxase un periodo de transición de dous meses, dende o inicio da posta en funcionamiento desde novo sistema de axudas, para a adaptación a ésta.
- A partir do 1 de setembro non se venderán bonobuses nas Oficinas Municipais da Valenzá ao cambiar o sistema de uso das bonificacións.