21/06/2019
O Diario Oficial de Galicia publica varias convocatorias de subvencións

-No DOG do 17 de xuño publícanse subvencións para promover o
autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega
das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se convocan para
o ano 2019.
-No DOG do 19 de xuño convócase un programa extraordinario para o recoñecemento
de actividades artesanais e tamén unha resolución pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime
de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das
infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade
Autónoma de Galicia e se establece a súa convocatoria para o ano 2019
-No DOG do 21 de xuño publícase a ampliación da convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2018 e 2019
Data | Adxuntos |
---|---|
21/06/2019 | Autoemprego para emigrantes retornados PDF [453 KB] |
21/06/2019 | AXUDAS DESEMPREGADOS PDF [487 KB] |
21/06/2019 | ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS PDF [458 KB] |
21/06/2019 | ACTIVIDADES ARTESANAIS PDF [473 KB] |