12/03/2021

O empresario Alejandro Cruz ten en Parada o mellor lugar do mundo

Emprendemento en Barbadás

  • Alejandro Cruz Iglesias naceu na casa da súa nai en Bentraces, cando os seus tíos eran caseiros do pazo (hoxe ) .

 

  • E para vivir coa súa familia escolleu a casa familiar de Parada que para el é o mellor lugar do mundo.

 

  • Cando tiña 3 anos os pais emigraron a Holanda e quedou cos seus tíos e tivo uns anos de vida “pacega” en Bentraces, da que lembra unha cheminea “descomunal” no interior da casona, e unha avenida de froiteiras que chegaba a unha capela, que daquela se utilizaba de corte.

 

  • “Bentraces é precioso e tiña máis vida cando eu era pequeno”, lamenta, e relata a festa de San Benito da súa infancia, un 11 de xullo, cos corredores cheos de persoas maiores que escoitaban as bandas de música e os xogos na praza do Pomar.

 

  • Cando os pais volveron da emigración, instaláronse en Parada, onde o seu pai traballaba no campo mentres a súa nai o facía na cociña do Hospital de Piñor.

 

  • Os estudos, primeiro no Seminario de Ourense, despois no IES do Couto (daquela nos edificios do antigo hospital que hoxe son despachos do campus universitario) e finalmente Capacitación Agraria.

 

  • Os lugares da súa vida están en poucos quilómetros pero foron variados. Dende os 23 anos traballou no servizo de Recadación do Concello de Ourense, foi celador no Hospital de Piñor durante 6 meses e pasou outros 3 anos nunha fundición de aluminio do polígono de San Cibrao das Viñas.

 

De empregado a empresario

  • Comezou a interesarse por ser emprendedor, e non empregado, polo que dende 1995 comezou a facer lacado de perfís metálicos, primeiro nunha nave de 200 metros cadrados en Parada que en dous anos quedouse pequena para toda a demanda que tiña.

 

  • Instalouse nunha nave maior no polígono Barreiros co nome de Lacados Miño, e alí segue con unha media de 6 traballadores, sen que o sector se vise afectado pola pandemia… pero con mais responsabilidades pois dende hai 14 anos preside a asociación de empresarios do polígono.

 

De empresario a xestor

  • A súa chegada á presidencia cadrou coa construción dúas novas vías de acceso á zona industrial pero as melloras seguiron e comezaron a atraer a empresas sobre todo do sector do automóbil, grazas a boa comunicación coa A52 e agora co novo enlace cara o polígono de San Cibrao.

 

  • “Cando cheguei coa miña empresa, neste polígono había talleres, outros servizos e pouco máis, pero agora temos concesionarios, restaurantes e un centro de ocio”. Hai un cento de empresas, das que a metade están asociadas, “e abren e pechan varias cada ano e temos demanda de terreos para outras novas”, engade.

 

  • Haberá cambios e espera que se cambie a catalogación o polígono, actualmente “comercial” para ser “industrial”.

 

  • Respecto ao seu proxecto empresarial, ten a esperanza de contar con relevo xeracional, pois o seu fillo está implicado coma el “e o futuro da empresa xa queda na súa man”.

 

  • Despois de vivir en Ourense, hai anos que volveu a Parada, á casa que era dos seus pais, porque prefire a vida do pobo, tanto no núcleo arredor da praza da festa como nos paseos pola zona de San Benito de Cova de Lobo.

 

  • Recomenda a vida alí e deixa caer na entrevista que neste momento hai casas en venda.
Alejandro Cruz, de Bentraces e Parada (Barbadás). Presidente asociación empresarios Polígono Comercial Barreiros (San Cibrao das Viñas)
Alejandro Cruz, de Bentraces e Parada (Barbadás). Presidente asociación empresarios Polígono Comercial Barreiros (San Cibrao das Viñas). Foto Rosa Veiga

 

 

Novas, Promoción económica, quereoviveo

16/04/2021

Convenio entre a Xunta e o Concello de Barbadás para a concesión de axudas á Hostalaría

Para hostaleiros afectados polos peches a causa da Covid-19

16/04/2021

A gran familia da Valenzá no bar “A Farola” de Teresa

Teresa Rguez, propietaria bar "A Farola" en traspaso por xubilación. A Valenzá (Barbadás) 11/04/21 Foto Rosa Veiga

Emprendemento en Barbadás

09/04/2021

31 fotógrafos/as transmiten as súas vivencias na exposición “Casas sen xente”

Ata o 30 de abril de 10 a 14:30 h. e de 16 a 20 h. de L-V

CONTENT.1618629078

SINGLE.1618629078